
‘The Rookie’ estrea terceira tempada en TNT
Dende o 13 de xaneiro, os mércores teñen como protagonista en TNT a Nathan Fillion da man da nova tempada de ‘The Rookie’.
Nathan Fillion, da literatura á comisaría
Nathan Fillion é un actor moi popular polo seu personaxe na serie ‘Castle’ e precisamente esta terceira entrega de ‘The Rookie’ está creada polo showrunner Alexi Hawley, o mesmo de ‘Castle’ e ‘The Following’.
‘The Rookie’ séguenos mostrando o día a día de John Nolan, un corentón que decide dar un xiro radical á súa vida para dedicarse a patrullar as rúas de Los Ángeles como axente de policía.
O que este novato non imaxinaba é que a vida dun axente principiante podía ser tan intensa. Usou a súa determinación, experiencia na vida e sentido do humor para gañar a confianza de todos, aínda que o final da segunda tempada deixou a Nolan nunha situación tremendamente delicada.
Un novo comezo
Tentará recompoñer a súa vida volvendo á universidade, algo que cre que acelerará a súa carreira. Rodeado outra vez de compañeiros/as novos/as de clase, Nolan volverá sentirse como un peixe fóra da auga.
Ademais, terá que lidar coa súa profesora de Dereito Penal, que non dubidará en desafialo tanto no ámbito persoal como no profesional.
Desfruta a nova tempada de ‘The Rookie’ na televisión R. Estrea o mércores 13 de xaneiro ás 22:05 h.
0 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.