menú

Vinganza e distopía en Syfy con “The Outpost”

13/08/2019
Blog R

Syfy emite a segunda tempada da serie “The Outpost” cada martes ás 22:00 h. Descubre o futuro que agarda aos “Blackbloods” na televisión R.

“The Outpost” é unha serie fantástica e de aventuras na que Jessica Green interpreta a Talon, unha muller forte e a única sobrevivente dunha raza chamada “Blackbloods”. Anos atrás, un grupo de mercenarios desapiadados arrasou a súa aldea e agora Talon viaxa a unha fortaleza sen lei situada nas marxes do mundo civilizado na procura dos asasinos da súa familia.

De camiño ao posto fronteirizo, a protagonista descubre que posúe un misterioso poder sobrenatural que deberá aprender a controlar para salvarse a si mesma e defender o mundo contra un ditador con tendencias cara o fanatismo relixioso.

Talon non está soa na loita

Completan o elenco de “The Outpost” os actores Jake Stormoen (“Mythica”), Andrew Howard (“Infierno sobre ruedas”), Anand Desai-Barochia (“Emmerdale”), Robyn Malcolm (“Hostiles”) e Kristian Nairn (“Juego de Tronos”).

Os creadores da serie son Kynan Griffin e Jason Faller, responsables tamén de éxitos como “Stargate” ou a saga “Mythica”.

Como ver “The Outpost” en R

Podes ver a canle Syfy sempre que teñas a opción familia da túa televisión R. Está dispoñible no dial 27.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.