menú

O Dr. Shaun volve a AXN

04/10/2019
Blog R

Botábaslle de menos? A espera terminou. Toma nota: cita co Dr. Shaun o martes 8 de outubro ás 22:05 h. AXN estrea a terceira tempada da serie do momento, “The Good Doctor”.

A nova entrega comeza con forza. Shaun afronta un novo reto moi persoal: unha cita. A afortunada é a súa compañeira, a doutora Carly. Sabemos que as relacións persoais non son o seu, que tal irá esa cea?

Un xenio diferente

“The Good Doctor” converteuse nun fenómeno de masas. A historia, como sabes, xira ao redor dun mozo cirurxián residente que padece autismo e síndrome de Savant, coñecido tamén como a “síndrome do sabio”. É dicir, desenvolveu habilidades mentais prodixiosas que o converten nun médico excepcional, pero as súas habilidades sociais deixan moito que desexar.

 


Coa axuda do seu mentor, o doutor Aaron Glassman, comeza a traballar na unidade de cirurxía pediátrica do prestixioso San José St. Bonaventure Hospital. A xunta do hospital é remisa, os seus compañeiros desconfían, os pacientes sorpréndense… e Shaun debe demostrar a todos, e a si mesmo, que a súa valía supera calquera obstáculo e prexuízo. Pero hai moitos desafíos aos que aínda debe facer fronte para cumprir o seu soño de salvar vidas.

O triunfo de Freddie Highmore

Un dos grandes acertos de “The Good Doctor” é o seu protagonista: Freddie Highmore. Aínda que xa aparecera en películas como “Charlie y la fábrica de chocolate” e na serie “Bates Motel”, é a súa interpretación do mozo doutor Shaun Murphy a que o fixo mundialmente famoso.

Por certo, Freddie é un namorado de España. É licenciado en Filoloxía española e traballou durante un tempo en Madrid. Mesmo inventou unha avoa galega imaxinaria. Vendo un partido de fútbol nun local madrileño, quixo gañarse ao persoal contando que a súa avoa vivía nunha pequena localidade do norte chamada Zapateira.

O que comezou sendo unha broma de bar acabou por convertelo en ‘Fillo adoptivo da Zapateira’ e dende a alcaldía convidárono a visitar a zona. Conseguiremos que esta zona de A Coruña sexa escenario dalgún capítulo da serie?

 


 

Co aval de “House”

Detrás da serie está David Shore, o guionista que xa conquistara a televisión con outro médico moi peculiar: o “Doctor House”.

E precisamente do universo House chega unha das estrelas convidadas, e non será a única, na terceira quenda de episodios de “The Good Doctor”: Robert Sean Leonard, o inesquecible doutor James Wilson que durante 8 tempadas encarnou ao mellor amigo do protagonista. Aquí, o actor estará do outro lado, do dos enfermos, interpretando a un pescador que sufriu un curioso accidente.

Unha idea e un proxecto de anos

Pero a serie posiblemente non vería a luz sen o empeño de Daniel Dae Kim, actor coreano a quen coñecerás por “Perdidos” ou “Hawai 5.0” e que durante anos traballou no proxecto tras ver a serie orixinal no seu país.

“The Good Doctor” está baseada nunha serie surcoreana do mesmo nome, “Buen Doctor”, emitida durante o ano 2013 na canle coreana KBS 2TV. Nin as liortas entre axencias e representantes nin as dúbidas sobre se había espazo para un novo drama médico frearon o interese de Kim e o tempo deulle a razón.

 


Público e crítica responderon entusiasmados dende o primeiro capítulo. A serie bateu récords de audiencias en Estados Unidos, tamén en España, e mesmo superou a “The Big Bang Theory” como a serie máis vista.

¿Preparado para pasar de novo consulta con “The Good Doctor”? Na túa televisión R.

Se queres desfrutar de “The Good Doctor” contrata a televisión R e desfruta desta e das mellores estreas de outono.

AXN dispoñible en tv ocio (e paquetes superiores) no dial 21 e no dial 22 en León e Cantabria.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.