menú

Os templarios chegan a Historia

18/09/2018
Blog R

Historia (dial 52) estrea a súa nova serie de produción propia, ‘Territorio Templario’ o luns 24 de setembro ás 22:00 h.

A serie, de 6 episodios, trasládanos ao Maestrazgo, comarca do Levante español que concentra un importante número de castelos, encomendas, poboacións e territorios que estiveron en poder dos Templarios.

Moitos poderían pasar desapercibidos de non ser pretendidos polo Temple. Uns foron conquistados, outros intercambiados e algúns comprados. Ao desaparecer os Templarios, foron herdados polos seus sucesores materiais, a Orde de Montesa.

Canto hai de realidade e canto de lenda?

Maxia, alquimia, camiños iniciáticos, virxes negras… A historia legounos unha verdade, a daqueles que acabaron co Temple. Chegou o momento de descubrir outra, a daqueles que desapareceron por unha causa inxusta, a de quen naceron por fe e morreron por ambición. ‘A Orde vivirá para sempre’, foron as últimas palabras do último Gran Mestre Templario, Jacques de Molay.

Como pode unha orde de monxes guerreiros acumular tanto misterio? Reis, cabaleiros, mercenarios e cazatesouros permitirannos descubrilo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.