menú

Terceira entrega de ‘Turno de noche’ en AXN

23/07/2020
Blog R

Volven á televisión R os médicos e enfermeiras do San Antonio Memorial. AXN estrea a terceira tempada de ‘Turno de noche’ o martes 28 de xullo ás 22:05 h.

Moito instinto e experiencia de combate necesitan os nosos protagonistas para desafiar as probabilidades e manexar a caótica sala de emerxencias da quenda de noite. Pero este equipo non é nada corrente. Os riscos que toman para salvar vidas traspasan a liña entre o heroico e o impulsivo, pero sempre merece a pena.

Ao final da segunda tempada, o equipo da quenda de noite tomou diferentes direccións; dende a volta a Afganistán que cambiou a vida de TC Callahan e Topher Zia ao tráxico aborto da Dra. Jordan Alexander.

Novas vidas, novas caras, novas dúbidas

A terceira tempada empeza catro meses despois, cando o equipo toma camiños completamente diferentes. As relacións están a cambiar, chegan novos médicos e todo o mundo expón a súa vida dende novas perspectivas. Mentres a TC e a Jordan aínda lles custa separar a súa relación persoal e profesional, chegan novos residentes e o grupo de heroes envórcase co seu traballo de salvar vidas.

O recentemente casado Drew Alister coñece en Afganistán á talentosa Dra. Syd Jennings, a quen, por certo, interpreta a artista convidada Jennifer Beals. Syd é unha temeraria tenente do exército que traballou co Equipo de Apoio Cultural xunto coas unidades dos Rangers e das Forzas Especiais.

O cirurxián Scott Clemmens continúa sentindo os efectos emocionais e financeiros do tráxico accidente de coche que deixou un mozo paralizado.

Pola súa banda, Topher está tan recuperado das feridas da primeira tempada como aburrido dos aspectos administrativos da súa profesión e procura algo de aventura no seu traballo mentres persegue a estabilidade nas súas responsabilidades como marido e pai.

Queres acompañar estes heroes médicos e enfermeiras do San Antonio Memorial nas súas moitas horas de traballo e no sempre difícil equilibrio entre vida persoal e profesional? Espérante na televisión R dende o martes 28 de xullo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.