menú

‘Tenet’, de Christopher Nolan, chega á televisión R

29/04/2021
Blog R

Tan só unha palabra para afrontar unha loita épica pola supervivencia: ‘Tenet’. Abrirá as portas correctas… e tamén algunhas que non o son. ‘Tenet’ é unha historia de espionaxe máis aló dos límites do tempo na que Nolan exerce de escritor, produtor e director. E o venres 30 de abril estréase en M. Estrenos.

Durante unha operación no Teatro da Ópera de Kiev, un axente da CIA é capturado e torturado antes de inxerir unha pílula de cianuro. Con todo, pouco despois esperta e comproba que a pílula era falsa e a misión, unha proba.

O director e guionista Christopher Nolan volve xogar co tempo (o narrativo e o da trama) nesta complexa, suxestiva e ambiciosa historia que une ciencia ficción e acción e se desenvolve no mundo da espionaxe internacional.


‘Tenet’ conta cun elenco de excepción encabezado por John David Washington, o protagonista de ‘Infiltrado en el KKKlan’; Robert Pattinson, protagonista da famosa saga ‘Crepúsculo’ e agora o novo ‘Batman’; Elizabeth Debicki, quen participou en ‘Viudas’ e na serie ‘El infiltrado’; o veterano Michael Caine; e Kenneth Branagh como o vilán (ou non) do filme.

Nolan, unha traxectoria repleta de éxitos

Christopher Nolan non necesita presentación. É un dos directores máis recoñecidos e premiados por crítica e público.

A maioría coñecémolo con ‘Memento’, o seu primeiro gran éxito, unha película realizada a partir dun relato escrito por Jonathan, o seu irmán menor, na que xa destaca a súa peculiar forma de narrar historias a partir de elipsis temporais.

Con el viaxamos ao espazo en ‘Interstellar’, un auténtico desenvolvemento de efectos visuais para unha historia de supervivencia protagonizada por Matthew McConaughey, Anne Hathaway, Jessica Chastain, Michael Caine e Matt Damon; revivimos un episodio clave da historia con ‘Dunkerque’, ambientada na Segunda Guerra Mundial; e mergullámonos no complexo mundo dos soños coa aclamada ‘Origen’.

Mención especial merece a súa triloxía de Batman, composta por ‘Batman Begins’, ‘The Dark Knight’ e ‘The Dark Knight Rises’. Arrinca cun Bruce Wayne, interpretado por Christian Bale, que aínda non se converteu en heroe xusticiero; xa na súa segunda entrega tráenos ao inesquecible ‘Jocker’ de Heath Ledger; e culmina a historia cun Batman máis maduro que regresa do seu voluntario exilio.

Agora chega á televisión R ‘Tenet’, unha película de acción épica que, como se di nun momento da película, ‘non fai falta que entendas, só síntea’. Vas perdela?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.