menú

Arrinca a tempada de deportes de inverno en Eurosport

29/10/2019
Blog R

Eurosport 1 e Eurosport 2 emiten en novembro unha nova tempada de deportes de inverno. Prepárate para desfruitar das mellores competicións na televisión R.

A cobertura da canle inclúe as Copas do Mundo, Campionatos do Mundo e Campionatos de Europa das diferentes disciplinas deportivas de inverno e de xeo.

Durante todo o mes, Eurosport ofrece as Copas do Mundo de saltos de esquí, esquí alpino, esquí-combinada nórdica, estilo libre, snowboard e biatlón, ademais do Campionato de Europa de Curling.

Snowboard

A tempada arrinca en Módena o sábado 2 coa Copa do Mundo de Snowboard. Eurosport 1 e Eurosport 2 emiten, en directo e en exclusiva, dúas probas da Copa do Mundo de Snowboard na modalidade de Big Aire.

Esquí

A Copa do Mundo de Esquí en Estilo Libre comeza o 3 de novembro tamén en Módena; continúa o 23 de novembro en Stubai e o 30 de novembro marcha a Pequín.

Os Saltos de Esquí verémolos do 22 ao 24 de novembro dende Wisla e os días 29 e 30 dende Ruka, que tamén será escenario da Copa do Mundo de Combinada Nórdica os días 19 e 30 de novembro.

A Copa do Mundo de Esquí Alpino emítese o 23 e o 24 de novembro dende Levi; 29 e 30 dende Ruka e o 30 de novembro dende Killington e Lake Louise.

Luge

Innsbruck e Lake Placid, pola súa banda, serán escenario das dúas primeiras probas da Copa do Mundo de Luge.

Como desfrutar dos deportes de inverno en Eurosport

Só debes ter a opción total da túa televisión R. Apunta o dial.

  • Galicia: diais 70 e 71
  • León e Cantabria: diais 80 e 81

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.