
teloperdiste, recupera o teu programa favorito ata 7 días despois da súa emisión
Estiveches toda a semana fóra e perdiches o teu programa favorito? Non te preocupes, a nosa televisión R ten a solución: teloperdiste, un servizo gratuíto que che permite recuperar toda a programación das canles ata 7 días despois da súa emisión.
Co outono chegan moitas novidades á nosa tele e ás veces resúltanos complicado seguir o ritmo: a nova serie de Ridley Scott en TNT, a estrea de ‘Barkskins’ en National Geographic, a peli ‘Jojo Rabbit’ en Movistar Estrenos… Moito contido interesante, engánchaste a varias series á vez e logo non che dá o tempo. Con teloperdiste tes marxe dunha semana para facer a túa particular axenda/planning.
Xa non perderás ese indescritible prato do que todo o mundo fala porque durmiches antes do final de MasterChef nin o episodio da semana de ‘Raised by Wolves’.
Na televisión R gústanos poñercho moi fácil, así que neste vídeo explicámosche paso a paso como podes acceder a este gran ‘inventazo’ do rebobina.
Só tes que acceder a rebobina ou á guía de programación dende o menú ou directamente dende o mando.
Selecciona teloperdiste.
Elixe a canle e, deseguido, o teu programa favorito e o último episodio que vas ver.
Agora es ti quen pon os horarios 🙂
Ademais, os programas gárdanse automaticamente, non tes que realizar ningunha xestión para desfrutar teloperdiste. Vas perdelo?
9 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Home! Xa non é o rebobina? Agora é “teloperdiste”?
Xa chegou orde de “Españolizar”? ¿TELOPERDISTE? perdecheo é noso.
Donde lo encuentro ?
“PERDÍCHELO” É COMO TEN QUE SER.
En GALIZA, en GALEGO !!
Por qué en rebobina no están todos los episodios de las series etc. ?
Hola, Carmela.
Para incluir los eventos en el rebobina dependemos de la autorización del canal.
Un saludo.
O que ven sendo un “rebobina” de toda a vida…. Que maneira de embrollar!
Esta publicidade non é real, dado que non podes ver os programas de todas as cadeas, moitas de elas non están disponibles como é o caso do canal Paramount Channel . Noutros casos podes mirala mais non che permite adiantala para saltar os anuncios. A estas alturas o igual que outras compañias, deberían de poderse ver todas as cadeas e rebobinar en todas.
Ola, Patricia.
A nós tamén nos gustaría ter todas as canles no rebobina pero por temas de dereitos que nos impoñen as propias canles non é posible.
Un saúdo.