menú
La televisión de R da la nota

A televisión de R dá a nota

30/07/2020
Blog R

En R gústanos dar a nota, non é algo novo . Como sabes, todas as series e pelis en rebobina levan unha valoración baseada nas puntuacións dos indicadores máis populares. Agora imos máis aló e incorporamos a opción de ordenar os contidos en base a isto.

‘Peliculón’

Non é o mesmo unha peli que un ‘peliculón’, e sabemos que che gusta ver o mellor. Así que pensamos que che viría moi ben ver a lista de pelis e series de rebobina ordenadas pola valoración.

Se es dos que che gustan as recomendacións, estás con dúbidas á hora de ver algo ou non tes moito tempo para buscar en rebobina, esta mellora farache desfrutar aínda máis da túa televisión R.

Ordena os contidos ao teu gusto

Ademais de ordenar os contidos por esta valoración, lembra que podes elixir outras opcións para atopar de forma sinxela o que che apeteza ver en rebobina.

  • Alfabeticamente: en orde ascendente A-Z ou descendente Z-A
  • Por ano de produción: selecciona os contidos máis novos
  • Recentemente engadidos: últimas incorporacións o catálogo
  • Últimos días de emisión: contidos próximos a caducar

E ti, que nota lle dás a esta mellora ?

Esperamos que che guste e que a desfrutes.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Xosé di:

    Ola boas!
    Por favor inclúan as novas canles de radio da TDT no decodificador R

    – Rock FM
    – Radolé
    – Los40 Classic
    – Los40 Urban

    Grazas