menú

A túa televisión R tráeche o mellor cine con Movistar Estrenos

07/04/2020
Blog R

Unha boa peli é un plan que nunca falla. E agora que estamos a pasar máis tempo en casa, quen non agradece un bo puñado de títulos a elixir para todos os públicos e gustos. Así que R che ofrece a opción de contratar Movistar Estrenos sen moverte do sofá.

Cada noite, unha nova estrea do cine máis demandado que acaba de pasar hai tan só uns meses polas salas de cine. E, despois da súa emisión na canle, poderás ver as pelis sempre que queiras en rebobina.

Que cine vas atopar en Movistar Estrenos? Acción, drama, comedia, infantil… Toma nota porque a oferta é moi apetecible.

Outlet de R Lenovo D330 4GB + 64GB

Queres sentir a emoción da velocidade coa última entrega da saga ‘Fast & Furious’ e o medo con ‘Godzilla: Rey de los Monstruos’?

Ou imaxina que che digan que o teu pai segue vivo nalgún lugar do Sistema Solar tras 27 anos desaparecido… Descubre o que fai o astronauta Roy McBride (interpretado por Brad Pitt) en ‘Ad Astra’.

Que non falte o thriller: ‘Quien a hierro mata’, co galego Luis Tosar, ou thriller internacional, con nomes clásicos do xénero como Liam Neeson.

Mesmo temos de volta a Rambo. Sylvester Stallone métese por quinta vez na pel de John Rambo en ‘Rambo: Last Blood’.

Por suposto, non faltan opcións para desfrutar en familia: ‘Dora, la exploradora’, baseada na popular serie infantil, ‘Mascotas 2’ ou ‘Playmobil, la película

Outlet de R Lenovo D330 4GB + 64GB

Se o teu é o humor máis canalla, non perdas ‘Angry Birds 2. La película’. Por certo, atento ao súper casting de voces na dobraxe ao castelán: Santiago Segura é Red, José Mota é Chuck, Macarena Gómez é Zeta e Álex de la Iglesia é Leonardo.

Que tal se imos a unha mansión inglesa cos seus aristócratas donos e os seus aplicados serventes? O elenco de ‘Downton Abbey’ trasládase á gran pantalla para narrar unha visita da Familia Real á residencia dos Crawley.

E que sería do cine sen Quentin Tarantino. ‘Érase unha vez en… Hollywood’ é o seu persoal retrato do Hollywood de finais dos anos 60.

Apúntaste ao mellor cine na casa con Movistar Estrenos? Podes contratalo na nosa web.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

8 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Fran di:

    ¿No vais a cambiar el canal en abierto del crimen por otro este mes?

  2. Avatar Alberto di:

    Eu penso q sería unha boa maneira de ter os clientes mais contentos abrindo todos os canles neste tempo de Estado de Alarma

    Ou rebaixando o precio de 9€ que ten actualmente a canle de Movistar Estrenos

    Un saudo

  3. Avatar Natalia González di:

    Hola. Quería saber cuando tendré mi canal movistar. Lo contraté miércoles 8 de abril me dijeron 24h.gracias

  4. Avatar Ana di:

    ¿ En qué canal está sintonizado? ¿ Cuánto tarda en activarse?
    Gracias