menú
tecnologodia_778-03

Tecnólogo por un día en R

08/02/2019
Blog R

En R vimos de unirnos á iniciativa “Tecnólogo por un día” da Axencia Para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

De que se trata

Tecnólogo por un día é unha iniciativa destinada a rapaces de entre 12 e 17 anos, na que participan distintas empresas tecnolóxicas de Galicia. A idea é que coñezan de primeira man como é un día de traballo dun profesional dixital.

Dese xeito, os participantes vivirán unha xornada de traballo real, ao acompañar a un profesional do sector TIC durante todo o día ás súas reunións, coñecendo as súas tarefas e resolvendo as súas dúbidas vocacionais.

Prazo

Para apuntarse a este proxecto hai de prazo ata o 15 de febreiro de 2019.

O formulario de inscrición está na web de AMTEGA.

Cada centro educativo debe inscribir os alumnos interesados, que deben contar coa autorización dos seus pais.

Unha xornada en R

Unha das empresas ás que van poder acudir os rapaces a coñecer como é o noso día a día é R. Loxicamente o número de prazas é limitado (no noso caso 4), pero hai moitas outras empresas galegas que participan como Altia, Cinfo, Televés, Coremain ou Everis.

As empresas contactaremos cos participantes para concretar un día e hora para a visita.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.