menú

TCM estrea a serie “The Movies”

05/11/2019
Blog R

“The Movies”, producida por Tom Hanks, retrata a historia do cine norteamericano. Estrea en TCM o sábado 9 de novembro. A televisión R, sempre co cine.

TCM mergúllase na historia cinematográfica estreando en exclusiva a serie documental “The Movies”. A nova serie, producida por Tom Hanks, realiza ao longo de 12 episodios unha crónica do cine de Hollywood repasando a súa historia dende a idade de ouro ata a actualidade.

“The Movies” conta coa participación de directores, actores, críticos e expertos. Directores como Steven Spielberg, Martin Scorsese ou Ridley Scott e actores como Robert Redford, Robert de Niro, Julia Roberts ou o propio Tom Hanks, entre outros moitos, explican as distintas etapas polas que pasou o cine norteamericano; as películas fundamentais de cada período; quen foron as estrelas máis famosas; os realizadores que crearon escola, os distintos estilos e xéneros cinematográficos e como foron evolucionando co tempo.

Dúas décadas de cine: os oitenta e os noventa

A canle emite en novembro os catro primeiros capítulos, dedicados ás décadas dos 80 e dos 90. Os episodios irán acompañados, ao longo de todo o día, das películas máis representativas das décadas retratadas.

Cine comercial e independente

A estrea é o sábado 9, cos dous episodios dedicados aos 80. Esta década supuxo unha nova idade de ouro do cine de Hollywood que combinou títulos comerciais con longametraxes que convidaban á reflexión sobre o pasado recente e que anticipaban interrogantes dun futuro que xa se deixaba entrever.

“Robocop”, “El color púrpura”, “Toro salvaje”, “La última tentación de Cristo” ou “E.T. El extraterrestre” son algúns exemplos diso.

Grandes personaxes

Dúas semanas máis tarde, o sábado 23, TCM emite os episodios de “The Movies” dedicados ao cine dos 90, que tamén irán acompañados, ao longo do día, dunha programación especial con títulos fundamentais desta década.

Foron os anos nos que Hannibal Lecter, interpretado por Anthony Hopkins, se converteu no psicópata cinematográfico máis famoso do cine grazas a “El silencio de los corderos” e nos que Susan Sarandon e Geena Davis se converteron en iconas da loita feminina grazas a “Thelma y Louise”.

En definitiva, “The Movies” é unha viaxe ao pasado da sétima arte estadounidense profundando no contexto social, cultural e político no que naceu e se desenvolveu a industria cinematográfica.

Como ver “The Movies”

Só debes ter a opción ocio da túa televisión R. Apunta o dial.

  • Galicia: dial 3
  • León e Cantabria: dial 40

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.