menú

TCM estrea o documental ‘La naranja prohibida’

15/12/2021
Blog R

O venres 17 de decembro chega a TCM o esperado documental de produción propia, ‘La naranja Prohibida’. Narra a historia da estrea de ‘La Naranja Mecánica’, de Stanley Kubrick, que estivo prohibida pola ditadura española e vetada en varios países europeos.

Unha estrea tardía e polémica

‘La naranja mecánica’ conmemora este mes os 50 anos da súa estrea internacional pero a España non chegou ata 1975, catro anos despois e no marco da 20ª edición da Seminci de Valladolid. A súa primeira proxección pública realizouse no medio dunha grande expectación, rodeada de polémica e nun momento especialmente complicado na cidade polos conflitos estudantís e sindicais.

‘La Naranja Prohibida’ móstranos as claves da película e a importancia histórica da súa estrea no noso país e, en particular, nun festival que trataba de sortear a censura do réxime franquista.

Un equipo protagonista da historia, a real e a ficticia

O documental reconstrúe os feitos acontecidos arredor dese primeiro pase público da película en España e cóntao a través da voz de Malcolm McDowell, protagonista da película de Kubrick.

O actor inglés atesoura unha carreira con máis de 200 títulos de cine e televisión dende o inicio da súa carreira en 1968 con ‘If…’, película independente dirixida por Lindsay Anderson que chamou a atención de Stanley Kubrick e foi fundamental para que o director lle ofrecese o papel protagonista de ‘La naranja mecánica’. Así se converteu no sociópata Alex DeLarge.

No documental ‘La naranja prohibida’ interveñen tamén Carmelo Romero, director da Seminci daquel ano e principal responsable de que a película se proxectase en España; Vicente Molina Foix, quen traduciu e adaptou os diálogos da película ao español e que mantivo unha relación persoal e profesional con Stanley Kubrick dende os anos setenta ata a súa morte; e o escritor Gustavo Martín Garzo, que foi un dos asistentes á estrea e presenciou as cargas policiais.

O director do documental é Pedro González Bermúdez, gañador dun premio Goya e de diversos galardóns e mencións nacionais e internacionais por traballos como ‘Regreso a Viridiana’, ‘ Nostromo: El sueño imposible de David Lean’ ou ‘2001 destellos en la oscuridad’ (2018), sobre o filme ‘2001: una odisea en el espacio’, de Stanley Kubrick.

‘La Naranja Prohibida’ estréase en exclusiva en TCM o venres 17 dentro do Especial ’50 años de La Naranja Mecánica’, xunto coa emisión da propia película e a estrea da cinta española ‘Una gota de sangre para morir amando’, inspirada na cinta de Kubrick.

Non perdas esta cita co mellor cine e a súa historia coa túa opción TV Ocio.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.