menú

TCM retransmite en exclusiva e en directo os Premios BAFTA

09/04/2021
Blog R

Atrasouse unhas semanas por mor da pandemia, pero a cerimonia de entrega dos premios da Academia Británica de Cine, os BAFTA, non vai faltar á súa cita anual. A gala terá lugar o domingo 11 de abril e, un ano máis, TCM retransmite en exclusiva para España a cerimonia dos Premios BAFTA, con só un minuto de diferenza respecto ao sinal en directo e comentada polos xornalistas María Guerra e Elio Castro.

O ano da nova diversidade

‘Nomadland’ e ‘Rocks’ lideran as nominacións deste ano, con sete cada unha delas, o cal reflicte os cambios pola diversidade que implementou a Academia Británica do Cine, despois de que en 2020 as nominacións incluísen nas súas principais categorías unicamente intérpretes brancos e exclusivamente homes nominados coma directores.

As categorías de director, actor e actriz pasaron de cinco a seis nominacións e a de mellor película británica ampliouse de seis a dez para resaltar aínda máis a importancia da cinematografía realizada nas illas.


O resultado son catro directoras competindo na categoría de mellor dirección -Chloé Zhao, Sarah Gavron, Jasmila Zbanic y Shannon Murphy- e intérpretes consagrados, como Anthony Hopkins ou Frances McDormand, compartindo categoría con nomes aínda pouco coñecidos, como Adarsh Gourav ou Bukky Bakray.

Unha fin de semana especial de cine

E para acompañar tan sinalada data e prepararnos para a emocionante velada nocturna, TCM emite durante as 48 horas da mesma fin de semana da cerimonia, sábado 10 e domingo 11, varias das películas que foron premiadas coa Máscara Dourada en diferentes categorías.


Prepárate para unha inmersión total nos anais destes premios con títulos como ‘La edad de la inocencia’, de Martin Scorsese, por la que Miriam Margolyes obtivo en 1994 o BAFTA á mellor actriz de reparto; ‘Sin perdón’, de Clint Eastwood, que conseguiu a figura de mellor actor de reparto para Gene Hackman; ‘Entrevista con el vampiro’ ou ‘Whiplash’, entre outros.


Non perdas a túa cita na televisión R coa flor e nata do panorama cinéfilo anual reunida para entregar e recibir un dos galardóns máis esperados da tempada. Seguro que nun ano no que todo cambiou, vai soar mellor que nunca iso de ‘And the BAFTA goes to…’ Apúntaste?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.