menú

TCM celebra o Día Internacional da Muller

25/02/2019
Blog R

O venres 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. TCM (dial 3) súmase un ano máis a esta conmemoración cunha programación especial dende o luns 4 ao venres 8 de marzo que podes ver na televisión R.

O cine foi nos últimos tempos un perfecto altofalante que contribuíu a amplificar ese berro de protesta e de dignidade. Movementos como o Me Too naceron e desenvolvéronse dende o interior da industria cinematográfica para destapar os abusos de produtores como Harvey Weinstein.

A programación especial está dedicada a películas dirixidas por mulleres e á especial mirada que teñen para observar a realidade que nos rodea. Durante toda a semana, poderanse ver títulos como ‘La dama de hierro’, o filme protagonizado por Meryl Streep que dirixiu a realizadora Phyllida Lloyd; ‘El castor’, de Jodie Foster, ou ‘ Lost in Translation’, de Sofia Coppola. Ademais, o venres 8 de marzo TCM estrea en exclusiva ‘ Half the picture’, un documental da directora Amy Adrion no que se estuda a sistemática discriminación que durante decenas de décadas sufriron as mulleres por parte da industria cinematográfica de Hollywood.

Axenda especial ‘Ellas crean’

Luns, 4 de marzo
22:00 h.: ‘Tenemos que hablar de Kevin’ (‘We need to talk about Kevin’, 2011)’

Martes, 5 de marzo
22:00 h.: ‘La dama de hierro’ (‘The iron lady’, 2011)

Mércores, 6 de marzo
22:00 h.: ‘El castor’ (‘The Beaver’, 2011)

Xoves, 7 de marzo
22:00 h.: ‘Lost in translation’ (‘Lost in translation’, 2003)

Venres, 8 de marzo: Día Internacional da Muller

11:15 h.: ‘Los ojos amarillos de los cocodrilos’ (‘Les yeux jaunes des crocodiles’, 2014)
13:15 h.: ‘Lost in translation’ (‘Lost in translation’, 2003)
15:00 h.: ‘Tenemos que hablar de Kevin’ (‘We need to talk about Kevin’, 2011)
16:50 h.: ‘El castor’ (‘The beaver’, 2011)
18:20 h.: ‘Los chicos están bien’ (‘The kids are alright’, 2010)
20:15 h.: ‘La dama de hierro’ (‘The iron lady’, 2011)
22:00 h.: ‘Half the picture’ (‘Half the picture’, 2018)
23:35 h.: ‘El amor tiene dos caras’ (‘The mirror has two faces’, 1996)

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.