menú

TCM, canle en aberto en outubro

27/09/2018
Blog R

A partir do luns 1 de outubro, TCM (dial 3) emitirase en aberto para os clientes de televisión R.

Durante o próximo mes, se tes tv series desfrutarás de forma promocional de todos os contidos que ofrece TCM. Terminado ese período, poderás seguir desfrutando desta canle contratando a opción tv familia.

A canle do cine que xa tiñas que ter visto

TCM é unha canle dedicada ao cine co que poderás desfrutar tanto dos grandes clásicos de Hollywood como das mellores películas de autor. Na súa programación podemos atopar títulos de directores como Hitchcock, Spielberg, Kubrick o Fellini.

Tamén ofrece entrevistas, ciclos de cine, reportaxes e entrevistas de produción propia e documentais exclusivos dedicados á sétima arte.

Do cine de monstros a Nolan

En outubro, a canle preparou un ciclo titulado ‘De monstruos y hombres’, con títulos protagonizados por grandes monstros cinematográficos, que van do cine mudo aos clásicos da Universal, como Drácula, O Home lobo, Frankenstein ou A momia nos anos 30 e os nados despois da Segunda Guerra Mundial, como Godzilla, Freddy Krueger, o pallaso Pennywise, La Cosa, os Gremlins ou La Mosca.

Tamén nos convida a pasar unha noite co director Christopher Nolan, cun especial que inclúe unha entrevista exclusiva en ‘Una vida en imágenes’ e a emisión dunha das súas grandes películas: ‘Interstellar’.

Lembra, durante todo outubro, o cine de TCM espérate no dial 3 da televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Cándido di:

    Y al resto de clientes que nos den morzilla, tendremos que irnos a la competencia que esos saben tratar a sus clientes y no clientes. Saben lo que es la fidelizacion. Y nos iremos.

    • Hola, Cándido.

      El canal en promoción se cambia cada mes. Los anteriores han sido Nat Geo Wild, Nick Jr, Sundance, Viajar, AXN White, etc. Es decir, que vamos rotando de distintos paquetes.

      En cuando a fidelización, nuestros clientes tienen en la web la sección “promos para mí“, con detalles y servicios a mejores precios. Hemos sacado también internet comigo, donde damos gratis 30GB cada año de internet móvil, para que uses en la línea de móbilR que prefieras. Sacamos invitaciones para eventos deportivos y culturales, tenemos ahora los monólogosR, exclusivos para clientes, etc. Es decir, la competencia no suele tener tantos detalles como nosotros.

      En cualquier caso, quedo a tu disposición en quecheparece@mundo-r.net si quieres que revise tu caso.

      Un saludo.