menú

crea R en Viveiro

10/06/2019
Blog R

Como xa sabes, en R sempre buscamos realizar cos nosos clientes actividades interesantes e para toda a familia.

Por iso chegamos a Viveiro cun plan pensado para nenos e pais ou avós. Os talleres crea R.

Talleres Crea R

Trátase dun proxecto educativo e innovador que ten como obxetivo a posta en marcha de talleres de robótica e charlas informativas sobre o uso das novas tecnoloxías en distitos concellos de Galicia.

Taller de robótica

Por un lado, os nenos de 7 a 12 anos poderán desfrutar durante dúas horas dun taller de robótica. Aprenderán a construír, programando unha cidade, con barreiras móbiles e semáforos.

Este taller fomenta os valores do emprendemento e os conceptos de STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas).

É gratuíto, aínda que as prazas son limitadas. Para asistir, só tes que solicitar as entradas neste formulario.

Charlas sobre as novas tecnoloxías

Mentras tanto, as nais, pais, avós, titores ou incluso os educadores poderán asistir a unha charla educativa na que un pedagogo especializado lles dará trucos e consellos sobre o bo uso de internet, e as redes sociais para que os nenos poidan utilizalas con seguridade, facendo ademais dinámicas e casos prácticos para un maior entendemento.

Os asistentes poderán facer todas as preguntas que desexen. Para ir, só hai que inscribirse aquí.

Lugar e hora

As actividades terán lugar o sábado, 22 de xuño, ás 11:00 horas. Será na Aula de Usos múltiples del Ayuntamiento (Praza Maior, 1).

Lembra que ambas as dúas actividades son gratuítas, pero o aforo é limitado, co que non tardes en apuntarte

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.