menú

Syfy estrea “The Twilight Zone”

03/05/2019
Blog R

“The Twilight Zone” estréase en Syfy o martes 14 de maio ás 22:00 h. A televisión R mergúllase nunha nova dimensión.

Unha análise da conciencia social moderna

Plantexada como unha antoloxía, a nova versión de “The Twilight Zone” recolle a testemuña da serie orixinal adaptando a carga de conciencia social ao público moderno. Tamén explora a condición humana e pon o foco sobre a cultura actual.

Jordan Peele e Simon Kinberg son os encargados de recrear a versión orixinal deste clásico da ciencia ficción.

Jordan Peele será o mestre de cerimonias e narrador de “The Twilight Zone” na súa versión orixinal. O elenco está composto por actores da talla de Ike Barinholtz, John Cho, Lucinda Dryzek, Taissa Farmiga, James Frain, Ginnifer Goodwin, Zabryna Guevara, Percy Hynes-White, Greg Kinnear, Luke Kirby, Sanaa Lathan, Kumail Nanjiani, Adam Scott, Rhea Seehorn, Alison Tolman, Jacob Tremblay, Jefferson White, Jonathan Whitesell, Jessica Williams, DeWanda Wise e Steven Yeun,
entre outros.

Adaptación dunha serie pioneira da ciencia ficción

A serie orixinal “The Twilight Zone” estreouse o 2 de outubro de 1959. Con ela, os espectadores mergulláronse nunha nova dimensión, non só a través de imaxes e son, senón tamén a través da mente.

A serie converteuse nun fenómeno internacional que utilizaba narracións cunha forte conciencia social para analizar a condición humana e a cultura contemporáneas. Esta viaxe ás profundidades da imaxinación emitiuse durante cinco anos. Como pioneira das series de ciencia ficción, exploraba as aspiracións, os fracasos, o orgullo e o prexuízo da sociedade dunha forma metafórica que non podían expor os dramas convencionais.

Como ver “The Twilight Zone” en R

Podes ver a canle Syfy sempre que teñas a opción familia da túa televisión R. Está dispoñible no dial 27.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.