menú

Syfy estrea “The InBetween”

09/09/2019
Blog R

Imaxinas ter visións que non podes controlar? O luns 9 de setembro coñeceremos a Cassie Bedford en Syfy, na televisión R.

Visións, espíritos… e un pai

Cassie Bedford naceu cunha estraña habilidade: ten visións… e non as pode controlar. Cassie sofre visións de todo tipo: algunhas móstranlle acontecementos pasados e outras ensínanlle cousas que aínda non ocorreron. Por se iso fose pouco, en ocasións tamén os axuda os espíritos atormentados a descansar en paz.

E no medio de todo esta lea de visións, vén o seu propio pai a pedirlle axuda. Cando o seu pai, o axente Tom Hackett, e o seu novo compañeiro, o ex axente do FBI Damien Asante, recorren a ela para chegar ata o fondo dun escuro asasinato, Cassie accede de mala gana a utilizar a súa peculiar habilidade para resolver algúns dos seus casos máis difíciles.

Un thriller paranormal

Estamos diante dunha serie das chamadas dramas procedementais, con casos concretos que se resolven en cada episodio e un fío condutor común, protagonizado por personaxes fortes, encabezados por Cassie, que levan o peso dunha trama.

“The InBetween” foi creada pola guionista/productora executiva Moira Kirland, que tamén está detrás de grandes éxitos como “Castle” ou “Madam Secretary”. Os protagonistas son Harriet Dyer (“Cassie”), Justin Cornwell (“Damien Asante”), Anne-Marie Johnson (“Lt. Swanstrom”), Cindy Luna (“Det. Marina Salinas”), Chad James Buchanan (“Will”) e Paul Blackthorne (“Tom Hackett”).

Como ver “The InBetween”

Preparado para investigar con Cassie e as súas visións? Só debes ter a opción ocio da túa televisión R. Syfy está no dial 27.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.