menú

Syfy estrea “Evil”

09/01/2020
Blog R

O luns 13 de xaneiro chega a Syfy o thriller psicolóxico “Evil”, creado polos aclamados produtores Robert e Michelle King. A investigación sobre o sobrenatural chega á televisión R.

“Evil” aborda incógnitas que se moven entre o sobrenatural e o psicolóxico.

Misterios sen resolver

A serie está protagonizada por unha psicóloga escéptica, un seminarista e un carpinteiro que investigan os arquivos de misterios sen resolver da Igrexa: supostos milagres, posesións demoníacas e outros fenómenos inexplicables.

O seu obxectivo será avaliar se existe unha explicación lóxica ou se estes feitos se deben realmente a causas sobrenaturais.

Dos creadores de “The Good Wife”

Os creadores de “Evil” son Robert e Michelle King, as mentes creativas que están detrás de “The Good Wife” e “The Good Fight”.

Este thriller psicolóxico está protagonizado por Katja Herbers (Kristen Bouchard), Mike Colter (David Acosta), Aasif Mandvi (Ben Shakir) e Michael Emerson (Leland Townsend), entre outros.

Como ver “Evil” na televisión R

Só debes ter a opción tv ocio da túa televisión R. Syfy está no dial 27.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí. Lembra, ademais, que tes todos os episodios da serie dispoñibles en rebobina para velos cando queiras.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Benigno Vázquez di:

    Hai un erro na info. Ao principio decides que se emite en SyFy e en cómo velo poñedes que é en Calle13.