
Syfy enche de ciencia ficción a túa televisión R en abril
O mes de abril preséntasenos repleto de fantasía e ciencia ficción na televisión R, coa canle Syfy en aberto a partir do martes 30 de marzo.
Atréveste a mergullarte nun universo televisivo infestado de misterio, mitoloxía, sucesos paranormais, superheroes, acción, aventura e, sobre todo, moita ciencia ficción en todas as súas versións?
O máis destacado de abril
En abril, Syfy achéganos ao ‘planeta vermello’ coa primeira misión tripulada a Marte. A tripulación inclúe científicos de alto nivel e unha nova psiquiatra, responsable da súa saúde mental. Pero xusto cando están a piques de aterrar, algo sae mal. A serie ‘Missions’, dende o luns 19 de abril ás 22:00 h.
Wynonna Earp segue loitando contra demos e outros seres sobrenaturais en Syfy. A bisneta de Wyatt Earp, tras varios anos fóra, regresa á súa cidade natal para asumir de mala gana o papel que lle tocou como herdeira. Usando as súas habilidades únicas, unha arma máxica e xunto aos seus aliados, Wynonna debe tentar evitar que os Revenants se apoderen da cidade. A cuarta tempada do thriller ‘Wynonna Earp’ estréase o xoves 1 de abril.
Que non falte o humor. Non perdades as vivencias dun extraterrestre accidentado que debe asumir a identidade dun médico nun pobo pequeno. Como vos podedes imaxinar, non lle vai resultar nada fácil encaixar coa poboación humana local. En abril, novos episodios de ‘Resident Alien’, a comedia de ciencia ficción baseada nos cómics de Dark Horse.
E, ademais, o mellor cine do xénero
En Syfy hai espazo para extraterrestres, alieníxenas e todo tipo de heroes. ‘Bunraku’, ‘Solomon Kane’, ‘The Amazing Spiderman’ e mesmo un ‘Especial Blancanieves’ son só algunhas das moitas opcións de cine que a canle preparou para este próximo mes.
En abril, deixa voar a túa imaxinación con Syfy, a canle que atoparás en aberto no dial 117 da televisión R. E a partir de maio podes desfrutar de Syfy dentro do paquete TV total.
4 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
No puedo ver el camsl invitado, syfy
Hola, Miguel.
Prueba a reiniciar o resintonizar el descodificador.
Si ya lo has hecho y sigues sin tener acceso contacta con mis compañeros de soporte técnico.
Están disponibles en el 1449 opción 2.
Un saludo.
Pois a min non me deixa ver ese canal
Ola, Brais.
Proba a resintonizar o descodificador.
E segues sen velo contacta cos meus compañeiros de soporte técnico para que o revisen.
Están dispoñibles no 1449 opción 2.
Un saúdo.