menú

Novembro, mes para a ciencia ficción con Syfy

31/10/2019
Blog R

Hai unha canle na que a fantasía e a ciencia ficción alcanzan cotas maxistrais. Si, estamos a falar de Syfy. E para que a túa mente desbordante de imaxinación teña tantos bos contidos como se merece, a partir do 4 de novembro os clientes de televisión R teredes a canle Syfy en aberto.

Do paranormal ao misterio, dos superheroes á mitoloxía. Acción, aventura e, sobre todo, moita ciencia ficción en todas as súas versións. Con series exclusivas e longametraxes que se converteron en fenómenos mediáticos. Descubride o que vos espera na canle que converteu “Sharknado” en todo un fenómeno mediático.


 

A despedida do heroe con arco

Toca despedirnos dun dos nosos heroes favoritos. “Arrow” chega á súa fin coa súa tempada número 8. Chega o momento de axustar contas definitivamente con varios inimigos do pasado que ameazan todo aquilo polo que Oliver traballou. Cal será o seu legado definitivo como “Flecha Verde”?

“Arrow” é a serie superheroica máis veterana da televisión estadounidense. Conta a transformación do millonario Oliver Queen nun superheroe vixiante secreto con arco e frechas incluídas, algo así como unha mestura entre Robin Hood e Batman.


O personaxe naceu nun cómic da editorial DC Cómics chamado “Flecha Verde”, creado por Mort Weisinger, o mesmo autor de cuxo traballo saíron outros superheroes de renome como Superman ou o recentemente chegado aos cines Aquaman.

Aínda que antes de “Arrow”, Oliver Queen (ou Flecha Verde) xa dera os seus primeiros pasos na televisión como personaxe secundario na serie “Smallville”.

Os perigos da realidade virtual

Coñeces a Mara Kint? Non te preocupes se aínda non lle pos cara, pronto o farás e será difícil que a esquezas. Ela é a negociadora de reféns que todos quereriamos no noso equipo. Só hai un problema: deixouno tras unha dura traxedia persoal e converteuse en profesora universitaria.

Será o seu antigo xefe quen a convenza para volver á acción e axudalo a rescatar a varias persoas perdidas nun avanzado sistema de realidade virtual chamado “Reverie”.
A intelixencia artificial, os avances tecnolóxicos e as súas incertezas e os contextos futuristas e distópicos son garantía de éxito seriéfilo nos últimos anos. Mostra diso son “Humans” ou “Black Mirror”. Que futuro nos agarda en “Reverie”?


 

A aventura galáctica dos “Killjoys”

Que poden ter en común unha atractiva ex asasina, un agudo mago da tecnoloxía e un soldado de elite? Pois unha misión: son mercenarios galácticos que viaxan resolvendo agravios polo complexo sistema planetario Quad. Os Killjoys só teñen unha regra: “a misión éo todo”.

A serie está liderada por Hannah John-Kamen, unha das actrices máis solicitadas da súa xeración. Víchela en “Ready Player One”, en “Vengadores” ou en “Black Panther”. Quen dá máis?

O mellor cine do xénero

Botabas en falta cine? Non te preocupes. Na grella de Syfy hai espazo tanto para dinosauros como para carreiras desenfreadas nun mundo postapocalíptico. Desfruta en novembro das sagas “Jurassic Park” e “Death Race”, entre outras.

Asegurámoscho. Syfy é a canle que fará voar a túa imaxinación en novembro. Vívea!

E se queres seguir desfrutando de Syfy a partir de decembro, pásate a tv total da túa televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

35 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar José Pereiro di:

    Me encanta el cine de ciencia ficción.
    Lo mejor los clásicos.

  2. Avatar Carlos losada di:

    Yo pongo em canal 27 de SyFy, hoy 1dd noviembre y no lo veo !!!

  3. Avatar ramonix di:

    No canal 27 non se ve nada. Nin reiniciando o descodificador

  4. Avatar María Teresa Vázquez Rabuñal di:

    No se puede ver el canal 27 y no es la primera vez que me pasa que ponéis un canal en abierto y no se me ve.

  5. Avatar Israel di:

    Hola, ya reinicie en varias ocasiones el Deco y sigo sin mirar el canal Syfy

  6. Avatar alfonso chao vidal di:

    ya os envie los datos y nada de nada,y llamo al 1449 y echo una hora con el telefono y siempre estais ocupados de pena compañeros

  7. Avatar Victoria di:

    Yo tampoco consigo ver Syfy en el canal 27, a pesar de haber reiniciado varias veces. Lo que si sigo viendo es Dark, que en principio sólo iba a estar en abierto en octubre y hoy ya es 2 de noviembre.

  8. Avatar Montse di:

    Non podo ver Syfy. Xa reinicie o descodificador e seguimos igual.

  9. Avatar Maria Dolores di:

    Aínda non puiden acceder ao canal e iso que o apaguei eo encendín

  10. Avatar Maria di:

    Despois de reinicialo,mandar un correo sen contestación, mais de 20 minutos no teléfono sen que me collera nadie sego sen ver syfy,igual que o mes pasado sen ver o canle dark

  11. Avatar Pilar di:

    Yo sí lo veo en la tv pero en el menú de canales no está abierto ¿no tiene opción de rebobina? Un saludo

  12. Avatar Chema di:

    Ola, eu antes podía ver en aberto a RTP, Euronews e algúns máis, que un día desapareceron. Agora Eurovisión voltou, mais a RTP segue sen poder verse. Vaise recuperar?

  13. Avatar Carmen Gonzalez di:

    Pois na niña non se ve…..
    E decides q e en aberto???