menú
‘S.W.A.T.’ vuelve a AXN

‘S.W.A.T.’ volve a AXN

12/11/2020
Blog R

Persecucións, bombas, secuestros, tiroteos… Os homes de Harrelson parecen estar feitos doutra pasta para soportar a presión e o risco. Descúbreo na cuarta entrega da serie ‘S.W.A.T.: Los hombres de Harrelson’, que se estrea en AXN o luns 16 de novembro ás 22:05 h.

Un grupo especial para as misións máis complicadas

O tenente afroamericano Daniel ‘Hondo’ Harrelson lidera un grupo de elite adestrado para facer fronte ás misións máis difíciles.

Na nova tempada, Hondo, o seu pai Daniel Sr. e Darryl afrontan a historia de tensión racial que se produciu en Los Ángeles en 1992 tras o veredicto do caso Rodney King. Este episodio lévanos décadas atrás na historia coa aparición dun Hondo adolescente encarnado por Donald Dash e a Rico E. Anderson como o seu pai de mozo.

Unha historia que tamén triunfou nos 70 e no cine

‘S. W.A. T.: Los hombres de Harrelson’ é un remake da mítica produción dos 70, que tamén tivo varias adaptacións cinematográficas, a máis recente protagonizada por Colin Farrell e Samuel L. Jackson.

Nesta ocasión, o tenente afroamericano Daniel ‘Hondo’ Harrelson está interpretado por Shemar Moore, ao que moitos recoñeceredes como o axente especial Derek Morgan durante once tempadas en ‘Mentes Criminales’.

Prepárate para vivir os luns de acción máis trepidantes na televisión R con ‘S. W.A. T.: Los hombres de Harrelson’. E se perdas algún capítulo, lembra que podes recuperalo ata 7 días despois da súa emisión con teloperdiste.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.