menú

Surf Channel incorpórase á televisión R

14/04/2020
Blog R

Colle a onda coa televisión R. Dentro das iniciativas que estamos a levar a cabo estes días para achegarche os mellores contidos temos novas noticias que darche: chega á nosa grella a canle máis “surfeira”. Surf Channel incorpórase no dial 75 (Galicia) e no dial 90 (León e Cantabria). Para que vaias practicando coa táboa sen ter que moverte da casa, en abril temos a canle en aberto para todos os nosos clientes de televisión R e, ademais, nos próximos días un especial ‘Surf Channel’ dispoñible gratis en rebobina.

Surf Channel é paixón polo surf, as táboas, o deporte, a vida sa, as praias, o medio… Unha canle repleta de películas, documentais, cine, series, viaxes, reportaxes, moda, tendencias, lecer; en definitiva, todo o necesario para que poidas vivir este deporte sen moverte do sofá.

Público e protagonista

Queres convertirte no novo Kelly Slater das ondas? Surf Channel conta tamén cos contidos audiovisuais xerados polos propios “surfeiros”. Podes enviar o teus vídeos practicando surf e aparecerás no programa ‘Berberechos al vapor’.


Da man do equipo de Aritz Aranburu, a canle conta con colaboradores de primeiro nivel, entre eles os mellores “surfeiros” e adestradores, e tamén traballa con diferentes produtoras para producir contidos en contornas como Euskadi, Galicia, Cádiz, Canarias ou Mallorca. Xa temos mostra diso na televisión R: lembrades o programa ‘Caminando sobre las olas’?

Contidos para abril

En abril, a canle presenta ‘Espacio Azul’, un novo programa dedicado a temas sobre o medio e a sustentabilidade. Pero se hai unha cita indipensable en Surf Channel é ‘Tales from the Beach’, que este mes estrea historias e personaxes do surf español.

Tampouco faltan as reportaxes de ‘Surfing Reports’, máis pegados á actualidade que nunca cun especial Coronavirus que conta co testemuño do mundo do surf, cuxos protagonistas nos relatan como están a vivir estes días de reclusión.

E unha estrea especial: ‘Pawlonia’, o documental de Paula Odriozola, Pauloski, que foi emitido nos principais festivais nacionais en 2019.

Ademais, no especial Surf Channel dispoñible en rebobina tes ata 41 títulos do máis “surfeiro”. Onde nos levarán os irmáns “surfeiros”, viaxeiros e documentalistas Julián e Joaquín Azulay e que novas historias atoparémonos en ‘Mad Dogs’?

En abril, conseguiremos que sintas o surf como nunca sen moverte da casa.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

8 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Brulica di:

    En Galicia y en el canal 75 está Motorvision.
    Y aprovecho para comunicar que no funciona Rebobina desde hace media hora ni tampoco el wifi (?)

  2. Avatar Oscar di:

    Hola,

    No lo veo en rebobina el canal.

    Antes estaban las 41 películas en portada, pero han desaparecido

    Gracias