menú

‘Superperdidos’ volve a TNT

11/12/2018
Blog R

A terceira tempada de ‘Superperdidos’ estréase o sábado 15 e o domingo 16 en forma de maratón. A partir das 09:00 h., os espectadores poden desfrutar de cinco novos episodios cada día.

Unha illa convertida en taboleiro de xogo

Os protagonistas de ‘Superperdidos’ sobreviviron a un accidente aéreo, ás faenas dun grupo de temibles piratas e, na terceira tempada, converteranse en náufragos que dan cos seus ósos na illa privada dun multimillonario misterioso. Só hai unha maneira de escapar da illa: acabando, un a un, co resto de compañeiros convertidos agora en rivais.

Nesta terceira entrega, a illa convértese no escenario dunha partida xigante de Fortnite. O obxectivo será prevalecer ante os demais nunha ‘battle-royale’ na que triunfará o humor descacharrante e a parodia. Só pode quedar un e, para sobrevivir, deberán acabar cos seus competidores antes de que os cacen.

Novos náufragos

Jonno Roberts únese ó elenco de ‘Superperdidos’, no que repiten Ally Maki, Asif Ali, Brian Sacca, Brooke Dillman e Jessica Lowe, entre outros. Todos se poñen ás ordes dos irmáns Justin e Jordan Shipley, creadores da serie, que debutan como directores nesta terceira tempada e póñense tras as cámaras en dous capítulos.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar jaime casals olle di:

    A qué hora y en qué canal puedo ver esta serie ?