menú

“Superlópez” chega a M. Estrenos

16/07/2019
Blog R

Un dos grandes éxitos do cine español chega á televisión R. “Superlópez”, en Movistar Estrenos o venres 19 de xullo ás 22:00 h.

O planeta Chitón está a piques de caer nas mans dun malvado dirixente. A única esperanza dos habitantes de Chitón é o bebé “Jo-Con-Él”, que é enviado á Terra nun foguete que non termina, precisamente, no lugar que os seus pais tiñan pensado.

Do cómic ao cine

Nesta adaptación do clásico do cómic español “Superlópez”, Dani Rovira dá vida ao superheroe do bigote, toda unha icona da cultura popular española creada en 1973 polo debuxante Jan (seudónimo de Juan López Fernández). Completan o elenco principal Alexandra Jiménez, Julián López e Maribel Verdú, que dá vida á vilá Ágata Muller, a némesis que todo superheroe necesita.

“Superlópez” está dirixida por Javier Ruiz Caldera (que xa dera vida a outro clásico do cómic español en “Anacleto: Agente secreto”) e escrita por Borja Cobeaga e Diego San José, guionistas do gran éxito comercial “Ocho apellidos vascos”.

A película resultou gañadora do Goya aos Mellores Efectos Especiais. Tamén foi nominada a outros dous Goya (Guión Adaptado e Dirección Artística).

O tema principal de “Superlópez” é a canción “Yo quería ser normal”, do grupo Tequila.

Como ver “Superlópez” en R

Podes ver esta película na canle Movistar Estrenos, sintonizando os seguintes diais:

  • Galicia: dial 4
  • León e Cantabria: dial 46

Lembra que para poder dispoñer desta canle, tes que ter contratada con R a opción cine ou Movistar Estrenos. Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

Ademais, terás todo o contido dispoñible no noso servizo de rebobina, para que poidas velo sempre que queiras.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.