menú

Sundance estrea ‘This Close’

26/02/2020
Blog R

Dous amigos en crise amorosa protagonizan ‘This Close’, a nova serie que chega á televisión R coa súa estrea en Sundance o luns 2 de marzo ás 22:05 h.

Kate é unha entusiasta organizadora de eventos que se acaba de comprometer co seu noivo Danny. Michael é un debuxante de cómics de certo éxito que se atopa sumido nunha enorme crise persoal e creativa tras a ruptura co seu noivo Ryan.

Estes dous grandes amigos de Los Ángeles que se coñeceron nunha escola especial para persoas xordas enfróntanse nestes seis episodios de ‘This Close’ ao amor e á amizade.

Unha aposta pola diversidade

Sincera, divertida e conmovedora, ‘This Close’ é unha comedia escrita e protagonizada por Shoshannah Stern e Josh Feldman, ambas as dúas persoas xordas.

O proxecto comezou a súa andaina na internet como unha webserie financiada a través de micromecenado e deuse a coñecer grazas ao Festival de Cine de Sundance, que apostou por producila para televisión.

‘This Close’ estivo nominada en Cannes aos premios MIPCOM Diversify TV Excellence Awards na categoría ‘Representación de la Discapacidad’.

Como ver ‘This Close’ en R

Só debes ter a ‘opción tv total’ da túa televisión R. Apunta o dial.

  • Galicia: dial 9
  • León e Cantabria: dial 28

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.