menú

Sundance, en aberto en xaneiro

02/01/2019
Blog R

A partir do mércores 2 de xaneiro, Sundance (dial 9) emitirase en aberto para os clientes de televisión R.

Durante o próximo mes, desfrutarás de forma promocional de todos os contidos que ofrece Sundance se tes tv series, tv ocio ou tv familia. Terminado ese período, poderás seguir desfrutando desta canle contratando a opción cine.

Unha canle diferente

Sundance é unha canle de televisión especializada en contidos independentes. Na súa grella de programación combínanse cine e series diferentes, de autor, atrevidas e vangardistas; en definitiva, producións fieis ao espírito do creador da idea: Robert Redford.

’10 Days of Sundance’

En xaneiro, Sundance emite o especial ”10 Days of Sundance”. Rende así homenaxe ao Festival de Sundance, a maior celebración do cine independente, que se celebra do venres 25 de xaneiro ao domingo 3 de febreiro en Utah. O especial consta dunha programación baseada en películas premiadas e nominadas no festival, a maioría nunca antes vistas en televisión, como ‘Sympathy for Delicious’, ‘We are X’, ‘Middle of Nowhere’ ou ‘Save the Date.

Series en ‘Sundance’

Sundance tamén ten oco na súa grella de programación para as series. O xoves 24 de xaneiro emite o dobre episodio final de ‘Rake’, a comedia protagonizada polo anti heroe menos ‘correcto’ da era Trump.

Ademais, a canle programou un maratón coas mellores series para as tardes dos domingos, a partir das 16:00 h, no que poderemos ver ‘Maltese’, drama italiano sobre a mafia siciliana, ou ‘Prisioneras’, un drama ao redor de Linda, unha muller encarcerada nunha prisión de Islandia tras un grave ataque contra o seu pai.

Lembra, en xaneiro, Sundance está en aberto no dial 9 da televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

10 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Francisco di:

    Según está información, Sundance TV ya no está en la opción cine, sino en Familia?

  2. Avatar Mónica di:

    Se va a poder contratar “únicamente” el canal SUNDANCE a partir de febrero?

  3. Avatar Glori di:

    Hola, hay películas en español o son todas subtituladas?

  4. Avatar Rosamar di:

    O único problema é, que se está en aberto en xaneiro e, nolo comunican o 23, nos quedan 8 días para velo.
    Graciñas!

  5. Avatar Jaime di:

    No puedo acceder a ningun contenido del rebobina de este canal en promocion, excepto al contenifo del festival “10dias sundance” Lo he comunicado y abierto incidencias por dos veces y lo han dado por solucionado en ambas ocasiones, pero sigue igual. Para el tiempo que resta ya no me apetece ni volverselo a comunicar.