menú

Sundance, en aberto para empezar o ano

10/01/2020
Blog R

Queremos empezar o ano con bo pé e, no noso caso, con boa televisión. Como? Con Sundance TV en aberto para todos os clientes da televisión R dende o mércores 8 de xaneiro.

A canle do cine independiente

Sundance TV é a canle do cine independente, cine de festivais e series diferentes. E, por suposto, tamén é a canle de televisión oficial do Festival de Sundance, puntual á súa cita anual en xaneiro un ano máis.

Apetéceche comparar o sentido do humor español co islandés? Na súa grella atopamos as mellores comedias, dramas ou thrillers. Sundance emite xoias da cinematografía europea, xaponesa, australiana, arxentina…

O papel de Robert Redford

En definitiva, contidos de calidade para ese gran público que busca algo máis. Iso era o que pretendía o inspirador absoluto do universo Sundance, o actor e director Robert Redford.

E conseguiuno. Na mesma canle podes atopar o drama “Hana-Bi: Flores de fueg”, na que o aclamado director xaponés Takeshi Kitano nos ofrece a súa particular visión do mundo, e a comedia belga “Je suis mort mais j’ai des amis”, co singular periplo de tres amigos de xira coas cinzas do seu compañeiro morto.

Festivales e Premios

Pero se hai algo que lle gusta especialmente a Sundance son os Festivais de Cine e os seus premios. Normal, cantas canles poden presumir de ter o seu propio Festival? 🙂

E Sundance transporta o seu festival ata a túa pantalla cunha selección de películas premiadas e nominadas: un título cada noite ás 22:30 h durante todo o certame, que este ano ten lugar do 24 de xaneiro ao 2 de febreiro.

Pero a súa febre festivaleira vai máis aló do Festival de Sundance e sempre hai espazo na súa grella para títulos do Festival de Venecia, Premios César, Seminci de Valladolid, Festival de Málaga ou os premios BAFTA, entre moitos outros.

Espazo para as series

E entre peli e peli, un descanso para desfrutar con series diferentes. Os peculiares métodos dos inspectores Kari Sorjonen en “Bordertown” e Yoann Peeters en “La Tregua” ou a procura desesperada do seu home de “Keeping Faith” son habituais da canle pero, ademais, en xaneiro Sundance presenta dúas grandes estreas: “Engaño” e “El Jurado”.
Outlet de R Lenovo D330 4GB + 64GB

A primeira delas está producida por Lydia Hampson, quen tamén está detrás da aclamada serie “Fleabag”. Retrata o duelo psicológico entre unha profesora universitaria e unha estudante disposta a todo por unha boa nota. Quedamos coa crítica que sobre a serie escribiu o Wall Street Journal: “Un thriller endiabladamente entretido, lixeiramente repelente e completamente aditivo”. Nada que engadir …

Pola súa banda, “El Jurado” foi galardoada co premio ao Mellor Guión no Festival Internacional de Series de Cannes. Os seus dez episodios seguen a doce persoas correntes que son chamadas a formar parte dun xurado popular por un polémico caso: a respectada directora dunha escola é acusada de dous asasinatos, incluído o da súa propia filla.

Preparado para desfrutar do universo Sundance este mes? Esperámoste!

E lembra que a partir de febreiro podes seguir desfrutando de Sundance TV dentro da Opción Cine por só 10€/mes.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

12 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Montserrat Díaz Álvarez di:

    Porqué no lo veo ni en el canal cuatro ni en ningún otro sitio?

  2. Avatar Fernando di:

    ¿por qué entonces ha desaparecido? Ahora está codificado

  3. Avatar Francisca di:

    La promoción de cortesía no era para todo el mes de enero? Es que yo no veo el canal desde ayer día 28