menú

‘Star Wars: Los últimos Jedi’, en M. Estrenos

28/08/2018
Blog R

A última entrega da saga galáctica máis popular, ‘Star Wars: Los últimos Jedi’, chega a M. Estrenos (dial 4) o venres 31 de agosto ás 22:00 h.

A Primeira Orde, baixo o mando do líder supremo Snoke, está a piques de facerse co control militar da galaxia. Só a xeneral Leia Organa e os seus combatentes da Resistencia plantan cara á crecente tiranía, convencidos de que o mestre jedi Luke Skywalker volverá e devolverá unha faísca de esperanza á loita.

Protagonistas novos… e algúns de sempre

Oitava entrega da saga ‘Star Wars’ (segunda da terceira triloxía), xa sen a participación dun dos tres actores orixinais: Harrison Ford. Si interveñen a falecida Carrie Fisher e Mark Hamill, cuxo personaxe cobra especial importancia na trama deste filme. Xunto a eles, os protagonistas da terceira triloxía: Daisy Ridley, Adam Driver, Oscar Isaac e John Boyega, aos que se unen Benicio del Toro e Laura Dern.

O equipo

Escrita e dirixida por Rian Johnson, a película obtivo catro nominacións aos Oscar: efectos visuais, música (John Williams), mestura de son e edición de son, aínda que finalmente non gañou ningunha estatuíña.

J.J. Abrams, director da anterior entrega da saga, exerce nesta ocasión como produtor executivo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.