menú

‘Star Trek: Picard’, en Amazon

24/03/2020
Blog R

O universo ‘Star Trek’ vívese na televisión R con Amazon Prime Video.

‘Star Trek: Picard’ é unha serie de dez episodios que pon de novo en acción a Sir Patrick Stewart como Jean-Luc Picard, o mítico Capitán da nave USS Enterprise, un papel que interpretou durante sete tempadas en ‘Star Trek: La nueva generación’ e que o converteu nunha icona do mundo ‘trekkie’.

Do retiro á acción

18 anos despois do ocorrido na película ‘Star Trek: Némesis’, Picard leva unha vida tranquila e relaxada ata que unha petición de axuda dunha misteriosa moza o leva de novo ao espazo nunha última misión secreta de rescate. Porque unha lenda nunca abandona a loita.


E non estará só na súa aventura. O elenco de ‘Star Trek: Picard’ inclúe a Isa Briones, Santiago Cabrera, Michelle Hurd, Alison Pill, Harry Treadaway e Evan Evagora. Tamén aparecen personaxes míticos da franquía como William Riker, interpretado por Jonathan Frakes, ou o robot Data.

Onde podes ver ‘Star Trek: Picard’?

Poderás defrutar desta serie se tes a nosa televisión R e, ademais, estás subscrito a Amazon Prime. Aproveita a oportunidade de ver as túas series ou contidos favoritos grazas a Prime Vídeo e á televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.