
South Park estrea Especial Pandémico
A pandemia do coronavirus tamén chegou a South Park. A popular comedia animada regresa cun especial dunha hora que podes ver en Comedy Central o venres 9 de outubro ás 22:05 horas, tan só dous días despois da súa estrea en EE.UU.
South Park. Ano 2020. Os nenos están felices por volveren á escola pero alí xa nada lembra á normalidade que unha vez coñeceron: nin os seus profesores, nin a súa clase, nin sequera Eric Cartman. Randy asume agora un novo rol co estalido da COVID-19 mentres a pandemia lles presenta continuos retos aos cidadáns de South Park.
O triunfo dunha serie de debuxos animados non apta para nenos
South Park afronta a crise sanitaria co seu particular humor negro e malfalado repleto de referencias á actualidade.
Esta sátira social chea de humor negro politicamente incorrecto, soez e vulgar, recrea un ficticio pobo montañoso de Colorado chamado South Park no que se suceden situacións surrealistas ao longo de 23 tempadas xa emitidas. E aínda queda corda para longo, pois a serie foi renovada, de momento, ata a súa tempada 26, en 2022.
Queres saber como viven a ‘nova normalidade’ Stan, Kyle, Cartman, Kenny e compañía? Non perdas o Especial Pandémico na nosa televisión R.
0 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.