menú

Os extraterrestres, analizados en Historia

07/10/2019
Blog R

Historia estrea a serie “Sin Identificar: conexión alienígena” o domingo 13 de outubro ás 22:00 h. Descubre coa televisión R novos segredos e misterios extraterrestres.

Investigación

En decembro de 2017, o xornal ‘The New York Times’ publicou un sorprendente artigo en primeira plana sobre o misterioso “Programa Avanzado de Identificación de Amenazas Aeroespaciales del Pentágono”. Este artigo incluía unha entrevista co exdirector do programa e antigo funcionario da intelixencia militar, Luis Elizondo, quen confirmou a existencia do plan oculto do Goberno. Esta controvertida historia causou un grande impacto mediático.

Fenómenos non identificados

O misterioso programa creouse para investigar fenómenos aéreos non identificados. Rexistráronse numerosos avistamentos do que parecía posible tecnoloxía extraterrestre. O equipo liderado por Luis Elizondo informou do perigo deste tipo de fenómenos, pero as súas advertencias foron en balde. Tras dous anos de silencio, é o propio Elizondo quen mostra por primeira vez en televisión esta cadea de sucesos misteriosos.

A serie “Sin Identificar: conexión alienígena” ofrece probas e materiais inéditos, entrevistas a testemuñas presenciais e exmilitares.

Descubre como se investigan estes sucesos descoñecidos dos nosos ceos e a tecnoloxía necesaria para descubrilos.

Como ver “Sin Identificar: conexión alienígena”

Só debes ter a opción ocio da túa televisión R. Apunta o dial.

  • Galicia: dial 52
  • León e Cantabria: dial 50

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.