menú

Volve “Shark Week” a Discovery Channel

22/07/2019
Blog R

Os fans das quenllas teñen unha cita imprescindible en Discovery Channel coa nova edición de “Shark Week”. As quenllas son as grandes protagonistas da televisión R durante a semana do 28 de xullo ao 4 de agosto.

A nova edición de “Shark Week” ofrece novas e impactantes historias protagonizadas por quenllas e achega unha nova e asombrosa visión do misterioso mundo que rodea estas criaturas mariñas.

Unha viaxe mariña cos mellores expertos

Para guiarnos a través deste mundo subacuático, o especial conta coa axuda de Rob Riggle, actor, cómico e exmarine estadounidense que nos convida a mergullarnos con el e cun nutrido grupo de celebrities para participar nunha incrible experiencia baixo a auga xunto aos escualos.

Tamén participan máis dunha vintena dos biólogos mariños, institucións científicas e os expertos en quenllas máis reputados do planeta para revelarnos novos e innovadores estudos que, grazas ás últimas tecnoloxías, permiten observar algunhas das especies máis raras e difíciles de localizar dende unha perspectiva inédita.

‘Shark Week 2019’ embarca os espectadores nunha travesía única polas profundidades do océano grazas ao primeiro dron remolcado sobre un reclamo de foca para quenllas. Poñerá a proba os últimos avances tecnolóxicos aplicados aos instrumentos e ferramentas creados para detectar e vixiar os movementos dos escualos.

Como ver “Shark Week” en R

Podes ver “Shark Week” se tes contratada a opción tv familia. Apunta o dial.

  • Galicia: dial 51
  • León e Cantabria: dial 54

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.