menú

Sexta tempada de “Younger” en TNT

02/09/2019
Blog R

Chega a TNT a sexta tempada de “Younger” o martes 17 de setembro ás 22:05 h. Reencóntrate con Liza Miller na televisión R.

Liza demostrou que pasar dos 40 non é un impedimento para triunfar nun mundo dominado polo furacán millennial.

Novos amores, novos retos

Na nova tempada, Liza comezará a vivir abertamente a súa relación con Charles, aínda que pronto lle asaltan as dúbidas. Doutra banda, Josh enfróntase a unha proba de paternidade despois do sorprendente descubrimento do último episodio da quinta tempada. E Kelsey estará á fronte do seu propio selo editorial, polo que terá que tomar decisións importantes.

“Younger”, serie creada por Darren Star (“Sexo en Nueva York”), conseguiu meterse no peto a unha lexión de seguidores que seguirán enganchados aos dilemas vitais da súa protagonista Liza Miller.

Como ver ” Younger” en R

Podes ver a canle TNT sempre que teñas a opción ocio da túa televisión R. Apunta o dial.

  • Galicia: dial 22
  • León e Cantabria: dial 21

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.