menú

Setembro, vive un mes de cine e series con acento galego

07/09/2020
Blog R

Na televisión R somos cinéfilos e ‘seriéfilos’ e ofrecémosvos as mellores canles e plataformas con oferta para todos os gustos e, nalgúns casos, con contidos e protagonistas moi nosos. Vaia, que cando accededes a Netflix ou a Movistar Estrenos podédesvos atopar con actrices e actores, directores ou paisaxes con acento galego. Queredes coñecelos?

Mario Casas

Comezamos falando dun dos mozos de ouro do cine español a día de hoxe: Mario Casas. Ata en catro títulos podemos atopar ao coruñés: en ‘El fotógrafo de Mauthausen’, nun difícil papel para o que adelgazou 12 quilos; e nun trío de thrillers: ‘Hogar’, xunto ao asturiano Javier Gutiérrez; ‘Adiós’, que podedes ver en Movistar Estrenos; e no thriller psicolóxico ‘El practicante’, que chegará a Netflix en setembro.

Luis Zahera e Luis Tosar

Luís é un nome de cine, polo menos en Galicia, quen non coñece a Luís Zahera e Luís Tosar? Con ambos os dous tedes cita en Netflix: Luis Zahera forma parte do elenco do inquietante thriller policiaco ‘Que Dios nos perdone‘ e Luis Tosar exerce de aplicado axente policial nos anos 20 en ‘La sombra de la ley’ e proximamente verémolo na miniserie ‘Los favoritos de Midas’, inspirada nun relato curto de Jack London e na que comparte cartel co tamén galego Carlos Blanco.

Tamar Novas

A Galicia rural e a cidade da Coruña son os escenarios nos que se move Tamar Novas en ‘El desorden que dejas’, a aposta máis galega de Netflix ata a data, gravada integramente en Galicia, cunha produtora galega á fronte, Vaca Films, e cun director galego, Carlos Montero, que tamén é o autor da novela na que se basea a serie.

‘Elisa e Marcela’

Aínda que esta non é a primeira aposta con acento galego de Netflix. Seguro que moitos coñecedes a historia de ‘Elisa e Marcela’, o amor entre dúas mestras galegas a comezos do século XX que Isabel Coixet levou ao cine. Mesmo unha delas recorreu a disfrazarse de home para poder contraer matrimonio.

‘O sabor das margaridas’

Da man de Netflix tamén viu mundo a serie galega ‘O sabor das margaridas’, que xa vai pola súa segunda tempada, e que pode presumir de estar no Top 10 das series de fala non inglesa máis vistas en países como Reino Unido ou Irlanda.

Xa vedes que Galicia é terra de cine e de series, e na nosa televisión R dámosche as mellores opcións para desfrutar en setembro dos contidos máis nosos .

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar jose di:

    ¿pero que pasa con las nuevas tarifas?, ya estamos en septiembre, en la tienda hay una tarifa de 10 gb, ilimitadas y 10 euros y en el 1449 me dicen que cuestat 19€. ¿en que quedamos?

  2. Avatar luz iglesias di:

    volvieron a desaparecer los subtitulos en ingles de los canales de R , una opcion muy interesante y lo mejor que tenia
    las series y peliculas se repiten de una forma exagerada al poder oirlas y leer los subtitulos en otro idioma se pueden volver a ver sino te encuentars que hay poco que ver si utilizas rebobina por que se repite bastante
    un saludo