
Setembro, mes para a ciencia ficción con Syfy
Coñeces a nosa canle repleta de fantasía e ciencia ficción? Syfy está en aberto para os clientes de televisión R dende o luns 7 de setembro.
Misterio, mitoloxía, superheroes, acción, aventura e, sobre todo, moita ciencia ficción en todas as súas versións. Con series exclusivas e longametraxes que se converteron en fenómenos mediáticos.
‘Vagrant Queen’, unha serie doutra galaxia
Syfy comeza o curso con ‘Vagrant Queen’, adaptación da serie orixinal de cómics homónima publicada por Vault Comics e inédita en España.
‘Vagrant Queen’ segue a Elida, de nena raíña a orfa marxinada, mentres limpa os recunchos traizoeiros da galaxia, sempre un paso por diante do goberno da República que busca extinguir a súa liña de sangue. Cando o seu vello amigo Isaac aparece afirmando que a súa nai, Xevelyn, aínda está viva, marcha co seu novo aliado Amae para organizar un rescate enfrontándose para iso a un vello e mortal inimigo, o Comandante Lázaro.
Divertida, violenta e sarcástica, así definen a serie, vas perdela?
‘Los 100’, un futuro incerto
Tamén en setembro despedimos unha das series máis emblemáticas da canle: ‘Los 100’.
Durante seis tempadas, os nosos heroes fixeron todo o posible para sobrevivir na Terra … e nada funcionou. Agora, despois de 125 anos viaxando a través das estrelas, espertan nun novo fogar, un lugar onde poden volver tentalo. Pero pronto descobren que na idílica sociedade de Sanctum non todo é o que parece.
Descubre coa televisión R que novas peripecias agardan a Bellamy, Clarke, Octavia e compañía.
O mellor cine do xénero
Botabas en falta cine? Na grella de Syfy hai espazo para extraterrestres, alieníxenas, bruxos e tamén para heroes de carne e óso. Desfruta en setembro das mellores pelis da saga Alien ou Arthur, de títulos clásicos como ‘E.T., el extraterrestre’ e da mellor acción con ‘Un golpe sobrenatural’, ‘The Host’ ou o ciclo dedicado a Nicolas Cage.
Syfy fará voar a túa imaxinación en setembro. Desfrútao! E a partir de outubro podes dispoñer da canle Syfy dentro do paquete TV total.
4 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
hoy martes 8 y no lo veo, no es para todos con televisión R??
Te agradezco me digas si me corresponde, Gracias
Hola, Eduardo.
El canal está en abierto para todos los clientes que tengan contratado algún paquete de televisión.
Prueba a reiniciar los equipos para que se actualice y si continúas sin verlo pásame los datos del titular del servicio por correo electrónico a R-al-habla@mundo-r.net para revisarlo.
Disculpa las molestias.
Un saludo.
No puedo acceder al canal Syfy
Hola, Teresa.
Prueba a reiniciar los equipos para que se actualice el desco y si continúas sin verlo pásame los datos del titular del servicio por correo electrónico a R-al-habla@mundo-r.net para revisarlo o contacta con los compañeros de soporte técnico en el número gratuito 1449 opción 2.
Un saludo