menú

As series que te esperan en xuño

28/05/2019
Blog R

En xuño, volven á televisión R moitas caras coñecidas ás que seguro botabas de menos. E prepárate tamén para coñecer a novos personaxes que non pasarán desapercibidos.

“NOS4A2 (Nosferatu)”

AMC estrea “NOS4A2 (Nosferatu)” o mércores 5 de xuño ás 22:30 h. A historia mergúllate no mundo de Vic, unha adolescente que posúe a estraña habilidade de atopar obxectos perdidos cando cruza unha perdida ponte que a leva a un mundo paralelo.

En Galicia no dial 2 e en León e Cantabria no dial 28.

“Fear the Walking Dead”

“Fear the Walking Dead” volve a AMC coa súa quinta tempada o luns 3 de xuño ás 22:30 h. Na nova entrega, os protagonistas aterran accidentadamente nun estraño páramo post-apocalíptico cheo de novos perigos e de estraños sobreviventes xa veteranos do universo TWD.

En Galicia no dial 2 e en León e Cantabria no dial 28.

“Candice Renoir”

O luns 17 de xuño, ás 22:05 h, AXN estrea a tempada 7 da serie francesa “Candice Renoir”. Esta tempada, Candice mostraranos a importancia dos lazos de sangue, tanto entre os personaxes, como nas intrigas policiais ás que se van enfrontar.

En Galicia no dial 21 e en León e Cantabria no dial 22.

“Elementary”

Calle 13 estrea a sétima e última tempada de “Elementary”, a serie protagonizada por Jonny Lee Miller y Lucy Liu que reinventa o mítico personaxe de Sherlock Holmes para levalo ao Nova York de hoxe en día. A cita é o luns 10 de xuño ás 22:00 h.

No dial 23 da túa televisión R.

“El Pueblo”

Un grupo de urbanitas chega a unha pequena aldea atraído pola promesa dunha nova vida afastada do mundanal ruído. A serie “El Pueblo” está dispoñible en Amazon Prime Video dende o venres 14 de xuño.

En Amazon Prime Vídeo, dispoñible a través do noso desco 4K.
El Pueblo

“Toda la verdad”

Joanna representa a un importante cliente dunha empresa farmacéutica fronte á denuncia dunhas estudantes de instituto que enfermaron. O caso non ten maior dificultade e Joanna gana. Con todo, o seu olfacto dille que algo non está ben. Este é o argumento de “Toda la verdad”, serie que estrea TNT o xoves 20 de xuño ás 22:15 h.

En Galicia no dial 22 e en León e Cantabria no dial 21.

“City on a hill”

“City on a hill” é o novo drama xudicial que chega a Movistar Series na madrugada do domingo 16 ao luns 17 de xuño. Boston, principios dos anos 90. O axudante do fiscal do distrito Decourcy Ward únese ao veterano e corrupto axente do FBI Jackie Rhodes para levar un caso que cambiará por completo o sistema xudicial da cidade.

En Galicia no dial 30 e en León e Cantabria no dial 29.

“Cardinal”

A Calle 13 volve tamén “Cardinal”, un thriller policial baseado nas desconfianzas e receos entre dous investigadores que tratan de esclarecer un novo caso. Dende o mércores 26 de xuño ás 22:00 h.

No dial 23 da túa televisión R.
Cardinal

“Cassandre”

“Cassandre” é unha muller policía brillante que sacrifica a súa carreira en París polo ben do seu fillo. Múdase a Annecy, onde os crimes sanguentos resultarán moito máis intrigantes e complexos do que ela pensaba. A serie estréase en Calle 13 o domingo 9 de xuño ás 22:00 h.

No dial 23 da túa televisión R.
Cassandre

“No Limit”

O venres 28 de xuño, ás 22:00 h, COSMO estrea a terceira e última tempada da serie de acción e espionaxe francesa “No Limit”, creada polo popular cineasta Luc Besson. Un axente que sofre unha enfermidade incurable acepta unha oferta dunha misteriosa organización secreta gobernamental para participar en difíciles misións en territorio francés a cambio dun tratamento experimental.

En Galicia no dial 25 e en León e Cantabria no dial 24.

“Janet King”

Sundance TV estrea o thriller legal australiano “Janet King”, spin off da serie “Crownies”. A fiscal superior Janet King enfróntase a un caso de asasinato. As cousas iranse complicando aos poucos e na súa investigación toparase cunha conspiración que involucra os máis altos niveis de poder.

En Galicia no dial 9 e en León e Cantabria no dial 42.

“Rogue”

XTRM estrea “Rogue” o martes 4 de xuño ás 22:00 h. Está protagonizada por Grace, unha oficial de policía que se infiltra nunha organización criminal encabezada por Jimmy Laszlo e a súa familia de mafiosos.

En Galicia no dial 6 e en León e Cantabria no dial 43.
Rogue

Preparado para os maratóns seriéfilos de xuño? 🙂 E se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí para vivir as mellores series do momento e desfrutalas cando queiras grazas a rebobina.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Johnb519 di:

    Hello! Someone in my Facebook group shared this website with us so I came to check it out. I’m definitely enjoying the information. I’m bookmarking and will be tweeting this to my followers! Outstanding blog and superb design and style. gegbeedcdkek