menú

As series que te esperan en xullo

27/06/2019
Blog R

Cheira a verán e a vacacións pero nada é escusa para perder as series que en xullo te esperan na televisión R. Toma nota.

“The Murders”

“The Murders” é a nova serie policiaca de Calle 13. Está protagonizada pola moza detective de homicidios Kate Jameson quen, tras cometer un terrible erro, terá que lidar co sentimento de culpa. Estrea o venres 12 de xullo ás 22:00 h.

No dial 23 da túa televisión R.
instinct

“Crimen en el paraíso”

“Crimen en el paraíso” segue fiel á súa cita de cada verán en COSMO. A oitava tempada da serie estréase o domingo 7 de xullo ás 22:00 h. Mooney e o seu equipo seguirán investigando e resolvendo misteriosos crimes na ficticia illa caribeña de Saint Marie.

En Galicia no dial 25 e en León e Cantabria no dial 24.

“Stranger Things”

Chega a terceira tempada de “Stranger Things”. Mentres as forzas sobrenaturais seguen axexando o pobo de Hawkins, Steve consegue un novo traballo nun centro comercial. Dispoñible en Netflix dende o xoves 4 de xullo.

En Netflix, dispoñible a través do noso desco 4K.

“The Gifted”

“The Gifted” retorna a FOX coa súa segunda tempada o venres 5 de xullo ás 19:30 h. Seis meses despois da explosión na estación de Atlanta, que marcou o final da primeira tempada, os Mutantes Subterráneos teñen que lidar con novos grupos de ideoloxías extremas, tanto humanos como mutantes.

No dial 20 da túa televisión R.
instinct

“The Boys”

Que pasaría se os superheroes comezasen a abusar dos seus poderes e a usalos con dubidosos fins? Descubre “The Boys”, serie dispoñible en Amazon Prime Video en xullo.

En Amazon Prime Video, dispoñible a través do noso desco 4K.

“The Loudest Voice”


O oscarizado Russell Crowe é o poderoso Roger Ailes en “The Loudest Voice”. Pero as cousas están a piques de cambiar para el xa que Gretchen Carlson, unha das principais presentadoras do informativo, denúnciao por acoso sexual. Estrea a madrugada do 30 de xuño ao 1 de xullo en Movistar Series.

En Galicia no dial 30 e en León e Cantabria no dial 29.

“Einstein”

“Einstein” volve a AXN o mércores 3 de xullo ás 22:05 h. No inicio da terceira tempada, activouse a conta atrás para a policía criminal de Bochum, coa que colabora o mozo xenio descendente de Albert Einstein. Teñen 72 horas para previr un desastre nuclear.

En Galicia no dial 21 e en León e Cantabria no dial 22.
instinct

“Padre de Familia”

“Padre de Familia”, a comedia de animación de Seth Macfarlane que segue o día a día dos Griffin, volve a FOX o luns 1 de xullo ás 12:30 h. A tempada número 18 vén cargada novamente da súa ironía habitual.

No dial 20 da túa televisión R.
instinct

“Janet King”

Sundance TV estrea a segunda tempada do thriller legal australiano “Janet King” o xoves 18 ás 22:30 h. No arranque desta tempada, veremos como Janet descobre o asasinato da súa parella.

En Galicia no dial 9 e en León e Cantabria no dial 42.

“Beowulf”


O mércores 10 de xullo, ás 22:00 h, Syfy estrea “Beowulf”. Tras moitos anos fóra, Beowulf volve para despedirse do líder do seu pobo, pero coa súa chegada desátase a violencia.

No dial 27 da túa televisión R.
Beowulf

“Desviados”

“Desviados” volve a TNT. A familia máis disfuncional da tele embárcase na cuarta tempada da serie nunha viaxe por todo o mundo buscando a Delilah, convertida nunha adolescente rebelde que se procurou a vida pola súa conta. Estrea o martes 2 de xullo.

En Galicia no dial 22 e en León e Cantabria no dial 21.
instinct
Listo para desfrutar das series de xullo?

E se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí para vivir as mellores series do momento e desfrutalas cando queiras grazas a rebobina.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Carmen Romero di:

    Buenas tardes.
    ¿ puedo ver las series en cualquier dispositivo ? O sólo en la televisión que tiene conectado el decodificador.

  2. Avatar Montserrat Agell di:

    No me gusta ninguna de esas series.
    Vaya novedad, cada día me gusta menos R