menú

Series para empezar o 2019

27/12/2018
Blog R

Propósito de Ano Novo: máis e mellores series. Na televisión R arrincamos o 2019 cunha chea de novidades.

Vota Juan. TNT

O venres 25 de xaneiro, ás 22:00 h, TNT (dial 22) dá a benvida a ‘Vota Juan’. Ambientada no mundo da política española, a comedia céntrase na figura dun gris ministro de Agricultura que, tras unha serie de casualidades políticas que espertan a súa ambición, se presenta ás primarias do seu partido para poder optar á candidatura á Presidencia do Goberno.

Magnum. Calle 13

O mítico detective ‘Magnum’ volve á televisión. Calle 13 (dial 23) estrea a versión moderna da clásica serie dos anos 80 o venres 11 de xaneiro ás 22:00 h. Magnum investiga os seus casos con habilidade nunha perigosa e exótica illa, mesturando acción, misterio e comedia.

True Detective. Movistar Series

Chega a nova tempada da serie creada por Nic Pizzolatto. A terceira entrega de ‘True Detective’ estréase a madrugada do domingo 13 ao luns 14 de xaneiro en Movistar Series (dial 30). Esta vez, un caso novo nun lugar distinto con personaxes diferentes. Wayne Hays, un detective da policía de Arkansas, e o seu compañeiro Roland West vénse involucrados na investigación dun macabro crime desencadeado pola desaparición de dous nenos en plena rexión dos Ozarks.
instinct

The Orville. FOX

FOX (dial 20) estrea a segunda entrega de ‘The Orville’, comedia de ciencia ficción que homenaxea con moito humor a mítica ‘Star Trek’. A tripulación terá que facer fronte a alieníxenas nunca vistos e realizará ademais o seu primeiro contacto cunha nova civilización.
instinct

Single Parents. FOX Life

Un grupo de pais solteiros enfróntanse á dura tarefa de criar os seus fillos mentres tentan iniciar novas relacións. Esa é a base de ‘Single Parents’, comedia que se estrea o martes 8 de xaneiro, ás 22:10 h, en FOX Life (dial 28).
instinct

Lucky Man. AMC

AMC (dial 2) comeza o ano coa estrea da terceira tempada de ‘Lucky Man’ o luns 28 de xaneiro ás 22:10 h, co desa-afortunado protagonista trasladándose a Hong Kong na procura de respostas que rodean os brazaletes.

Chicago Fire. AXN

AXN (dial 21) estrea o mércores 9 de xaneiro a sexta tempada de ‘Chicago Fire’. A trama comeza coa maior parte do equipo aínda atrapado no incendio do almacén, momento no que o xefe Boden toma unha decisión arriscada para salvar os seus compañeiros.
instinct

Call my agent. COSMO

Prepárate para o encanto, a intriga e o humor que se esconden detrás dos grandes actores do cine francés grazas a ‘Call my agent’, serie que nos mostra o día a día dunha prestixiosa axencia artística tras a morte accidental do seu histórico fundador. Estrea en COSMO (Dial 25) o xoves 24 de xaneiro ás 21:10 h.
instinct

The Magicians. Syfy

Quentin e os seus amigos descubriron pronto que o mundo fantástico sobre o que leron nos libros cando eran uns nenos non só é real, senón que ademais podería poñer en serio perigo a humanidade. Eles son os protagonistas de ‘The Magicians’, serie cuxa cuarta tempada estrea Syfy (dial 27) o xoves 24 de xaneiro ás 22:00 h.
instinct

La ley de Nick e 19-2. XTRM

Dobre dose de adrenalina en XTRM (dial 6) coa estrea de ‘A lei de Nick’, o martes 8 de xaneiro ás 22:00 h, e de ’19-2′, o luns 7 de xaneiro ás 21:05 h. ‘A lei de Nick’ segue os detectives Nick Tschiller e Yalcin Gümer, dous homes de carácter que farán morder o po aos delincuentes máis buscados. ’19-2′ está protagonizada por dous policías canadenses encargados de patrullar o distrito 19, un dos máis duros e conflitivos da cidade canadense de Montreal.
instinct

Comeza o ano como se merece un bo ‘seriéfilo’ 🙂

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.