menú

As mellores series para setembro

29/08/2019
Blog R

Si, en setembro toca “volta ao cole”. Pero na televisión R temos a receita para facela máis levadía: as nosas series. Toma nota.

“Younger”

O martes 17 de setembro chega a TNT a sexta tempada de “Younger”. Liza Miller demostrou con fartura que pasar dos 40 non é un impedimento para triunfar nun mundo “millennial”. Kelsey estará agora á fronte do seu propio selo editorial. Doutra banda, Liza comezará a vivir abertamente a súa relación con Charles.

En Galicia no dial 22 e en León e Cantabria no dial 21.

instinct

“L.A.’s Finest: Policías de Los Ángeles”

O luns 9 de setembro, ás 22:05 h., AXN estrea “L.A.’s Finest: Policías de Los Ángeles”, protagonizada por Jessica Alba e Gabrielle Union. A última vez que vimos a Syd Burnett atopábase en Miami derrubando un cartel da droga. Aparentemente, deixou atrás o seu complicado pasado para converterse en axente de policía. A súa compañeira é Nancy McKenna, unha nai traballadora cunha historia complexa.

En Galicia no dial 21 e en León e Cantabria no dial 22.

“Departure: Vuelo 716”

“Departure: Vuelo 716” é un trepidante thriller que investiga as conspiracións que rodean a desaparición do voo 716 ao sobrevoar o océano Atlántico. Tras o misterioso accidente, Kendra Malley, unha investigadora aeronáutica que acaba de quedar viúva, tentará esclarecer o ocorrido por petición do seu ex-xefe e mentor, Howard Lawson. Estrea o luns 2 de setembro ás 22:00 h en Calle 13.

No dial 23 da túa televisión R.
instinct

“It moms: madre hay más que una”

Catro nais influencer móstrannos como é o seu día a día nunha nova tempada de “It moms: madre hay más que una”. Nesta segunda entrega, coñeceremos a Raquel López, Carmen Osorio, Cristina Bosca e Irene Alonso, catro nais con perfís moi diferentes pero cun vínculo en común: desfrutar da maternidade á súa maneira. Coñéceas o domingo 8 de setembro ás 21:30 h en COSMO.

En Galicia no dial 25 e en León e Cantabria no dial 24.

“American Horror Story: 1984”

A franquía de terror creada por Ryan Murphy e Brad Falchuk volve en setembro a FOX coa súa novena entrega, titulada “American Horror Story: 1984”. Nesta ocasión, a serie fará referencia á obra homónima de George Orwell e ás películas de terror slasher que triunfaron no cine durante ese ano, como “Viernes 13”. Estrea o venres 20 de setembro en versión orixinal subtitulada ao español, só dous días despois da súa emisión en EE.UU.

No dial 20 da túa televisión R.
instinct

“The InBetween”

Syfy estrea “The InBetween” o luns 9 de setembro. A protagonista é Cassie Bedford, que naceu cunha estraña habilidade: ten visións… que non pode controlar. Algunhas móstranlle acontecementos pasados e outras ensínanlle cousas que aínda non ocorreron.

No dial 27 da túa televisión R.
instinct

Disposto para vivir un setembro “entre series”? E se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí para vivir as mellores series do momento e desfrutalas cando queiras grazas a rebobina.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.