menú

Series que non podes perder en setembro

27/08/2018
Blog R

As canles prepararon un bo número de novidades seriéfilas para que a volta ao cole sexa máis levadeira. Contámoschas.

‘Harrow’, ‘Chicago Fire’ e ‘Quantico’, en AXN

AXN (dial 21) preséntanos a ‘Harrow’ o luns 3 de setembro ás 22:05 h. O Dr. Daniel Harrow non é un médico forense común. Á súa falta de respecto pola autoridade únese unha total empatía polos falecidos que fai que sexa capaz de resolver os casos máis estraños.

‘Chicago Fire’ e ‘Quantico’ tamén volven a AXN en setembro. O mércores 5 de setembro, ás 22:05 h, estrea en dobre episodio da quinta tempada de ‘Chicago Fire’ cun episodio titulado ‘¿La manguera o el animal?’, no que Severide e Stella seguen en perigo cando o seu inestable ex noivo aparece. Pola súa banda’, ‘Quantico’ volve o domingo 9 ás 23:30 h. Nesta terceira tempada, xa pasaron tres anos dende que Alex Parrish puxo a súa vida en perigo polo seu paí

.

instinct

‘Inundación’

O mércores 5 de setembro, ás 22:30, chega ‘Inundación’ con toda a súa forza a Sundance TV (dial 9). Un devastador diluvio alaga os Países Baixos e cuestiona se realmente existe o control humano sobre o territorio e as súas fronteiras.

‘Kidding’

‘Kidding’ é unha agridoce comedia dramática na que Jim Carrey interpreta ao peculiar Jeff, dono multimillonario da súa propia marca persoal e toda unha icona da televisión infantil, pero inestable e infeliz. Estrea en Movistar Series (dial 30) a madrugada do domingo 9 de setembro.

instinct

‘Lodge 49’

O luns 10, ás 23:00 h, AMC (dial 2) estrea a súa nova serie orixinal: ‘Lodge 49’. Está protagonizada por Dud, un ex-surfeiro californiano irremediablemente optimista que busca o seu lugar nun mundo cínico e confuso e que por casualidade coñece a ‘El Caballero Luminoso’.

‘Bull’

A segunda tempada de ‘BULL’ estréase en FOX Life (dial 28) o mércores 12 de setembro ás 22:10 h. Nesta ocasión, a serie profunda na vida persoal do consultor de xuízos e, en concreto, en como leva a súa solteiría.

instinct

‘American Horror Story’

‘American Horror Story’ volve en setembro a FOX (dial 20) coa súa oitava entrega, que chega baixo o título de ‘Apocalypse’. A serie realizará un salto no tempo de 18 meses, pero pouco máis sabemos da nova entrega que se estrea en VOS a madrugada do venres 14 de setembro.

instinct

‘The Outpost’

‘The Outpost’ é unha serie fantástica e de aventuras na que Talon, única sobrevivente dunha raza chamada ‘Blackbloods’, se lanza á procura dos asasinos da súa familia para vingarse. Descúbrea en Syfy (dial 27) o luns 17 ás 22:00 h.

‘Harlots: Cortesanas’

Volve ‘Harlots: Cortesanas’ a COSMO (dia 25) o martes 18 de setembro ás 22:00 h. A rivalidade entre bordeis segue sendo o eixo principal dos novos capítulos, aínda que agora haberá un novo inimigo a combater: ‘O Justiciero’.

‘Innocent’

Calle 13 (dial 23) estrea ‘Innocent’ o xoves 20 ás 22:00 h. Trátase dunha historia de amor, luxuria, celos e traizón. Despois de sete anos nunha prisión de alta seguridade, anúlase por un tecnicismo a condena de David Collins polo asasinato da súa muller.

instinct

‘Big Bang’

‘Big Bang’ chega ao seu final. TNT emite a última tempada da exitosa serie dende o martes 25 ás 21:45 h. A canle emitirá os episodios en versión orixinal subtitulada tan só 24 horas despois da súa emisión en USA e o episodio dobrado, unha semana despois.

instinct

Listo para un setembro ‘de serie’?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.