menú
Series que non podes perder en outubro

Series que non podes perder en outubro

18/10/2019
Blog R

Novas caras, reencontros e despedidas. As series da televisión R depárannos moitas sorpresas, grandes momentos e seguramente algunha que outra lagrimiña. Estás preparado?

“The Good Doctor”

Comezamos cunha das citas máis esperadas: a estrea da terceira entrega de “The Good Doctor”. O noso mozo doutor “sabio” debe enfrontarse nos novos episodios ao seu maior reto ata o momento: unha cita. Descubre o martes 8 de outubro, ás 22:05 h, que tal sae o encontro.

“Bad Banks”

Estás a pensar en comprar a casa dos teus soños? Jana Liekam tamén. Ela é a protagonista de “Bad Banks”, a mini serie alemá que estrea AMC o luns 7 de outubro ás 22:10 h. Queres saber como funciona de verdade o mundo bancario ou prefires seguir mirando para outro lado?

“Roast Battle”

Dani Rovira, Francisco Nicolás Gómez (El Pequeño Nicolás), a youtuber Percebes e Grelos ou os ex-concursantes de Operación Triunfo Miki Núñez e Roi Méndez darán o mellor de si mesmos para vencer ao seu opoñente con altas doses de sarcasmo na segunda entrega do “Roast Battle” de Comedy Central. Dani Mateo mantense como mestre de cerimonias. Tes cita co duelo de ironía dende o domingo 13 de outubro.

“The Walking Dead”

Poderá sobrevivir a civilización nun mundo cheo de mortos? A décima tempada de “The Walking Dead” daranos a resposta, ou non… A serie apocalíptica máis famosa volve a FOX o luns 7 de outubro, con menos de 24 horas de diferenza respecto á súa estrea en Estados Unidos. E os máis fieis seguidores poderedes ver a estrea simultánea na madrugada do domingo 6 ao luns 7 de outubro.

“Elite”

A volta ao cole non é fácil en Las Encinas. Demasiados segredos, receos e un novo misterio esperan a Samuel, Nadia e Christian e compañía. “Elite”, a serie española que está a revolucionar Netflix, xa ten segunda tempada.

“El corazón de Sergio Ramos”

Sergio Ramos, o capitán do Real Madrid, abre as portas da súa casa a Amazon Prime Video. Se queres saber como é a vida dunha estrela do fútbol, non te esquezas desta serie documental de oito episodios que xa está dispoñible en Amazon.

“El joven Sheldon”

Queres saber como era Sheldon de neno? “El joven Sheldon”, o spin-off da comedia “The Big Bang Theory”, recentemente finalizada, continúa a súa traxectoria en Movistar Series coa emisión os luns da súa terceira tempada. Que difícil é ser un pequeno xenio!

“Prodigal Son”

A última sensación en tramas policiacas chámase “Prodigal Son” e estréase en TNT o luns 21 de outubro ás 22:05 h. Conta as andanzas do psicólogo criminal Malcolm Bright, que posúe unha extraordinaria habilidade para meterse na mente de todo tipo de criminais. Quizais este don se consolidou polo feito de ser fillo dun asasino en serie…

“La Guerra de los Mundos”

Nos anos 30, o pánico apoderouse dos oíntes radiofónicos de “La Guerra de los Mundos” ao crer que escoitaban un suceso real: a loita contra unha raza alieníxena. Non sabemos o que pode ocorrer cos espectadores que o luns 28 de outubro, ás 22:50 h., sintonicen FOX e se atopen coa nova versión do famoso clásico de H. G. Wells.

“Private Eyes”

De xogador profesional do hóckey a detective en “Private Eyes”. Matt Shade, interpretado por Jason Priestley, o inesquecible Brandon de “Sensación de Vivir”, atopou a súa socia ideal para loitar contra o crime: Angie Everett. Pero a historia complícase cando ela entra en prisión. O martes 1 de outubro, ás 23:00 h, retomamos a investigación.

“Ley y Orden: Unidad de Víctimas Especiales” y “Chicago P.D.”

Calle 13 aposta en outubro por dúas das series máis emblemáticas e lonxevas da canle.

O venres 25 de outubro, emítese a tempada número 21 da serie protagonizada por Mariska Hargitey. Como en anteriores ocasións, en cada episodio da serie contarán con estrelas convidadas. Fred Savage ou a mismísima Serena Williams fixeron a súa aparición estelar en “Ley y Orden: Unidad de Víctimas Especiales”. A quen nos traerá a nova entrega?

O veterano produtor Dick Wolf está detrás tamén de “Chicago P.D.”, a túa cita dos mércores pola noite cos membros da unidade de intelixencia criminal do Distrito 21 do Departamento de Policía de Chicago.

“Harlots: Cortesanas”

O bordel de “Harlots: Cortesanas” segue sendo un fervedoiro de intrigas, amores e disputas na terceira tempada. Aínda non coñeces esta serie escrita, dirixida e producida por mulleres? Os xoves de outubro, ás 22:00 h, en COSMO.

“Arrow”

Os xoves, non perdas a despedida de “Arrow” en Syfy. A oitava tempada pecha a historia do millonario playboy Oliver Queen como Flecha Verde.

Listo? O mes de outubro chega cargado de novidades seriéfilas que non te deixarán despegarche do sofá. A por elas!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Arturo di:

    Buenos días: veo que ha cambiado la página principal de R. Lo que no encuentro es el apartado de “Mensaxería”. ¿Me podrían indicar donde está?