menú

Un outono de series

28/09/2018
Blog R

O outono vén cargado de series na televisión R. Caras novas e vellos coñecidos da audiencia danse cita no mes de outubro. Repasamos o máis destacado.

The Rookie. TNT

O mércores 17 de outubro, ás 22:15 h, TNT (dial 22) preséntanos a John Nolan, un corentón que decide cambiar radicalmente de vida tras un accidente e así se converte no novato máis veterano do departamento na comisaría de Los Ángeles. A nova serie titúlase ‘The Roookie’.

The Good Doctor. AXN

O médico revelación da televisión estrea a súa segunda tempada. ‘The Good Doctor’ reabre a súa consulta en AXN (dial 21) o martes 9 de outubro ás 22:05 h, contando como novidade coa incorporación da actriz Lisa Edelstein.

Cóndor. Calle 13

Calle 13 (dial 23) estrea ‘Cóndor’ o xoves 4 de outubro ás 22:00 h. Inspirada no thriller político de Sydney Pollack, ‘Los Tres Días del Cóndor’, a serie segue ao mozo analista da CIA Joe Turner, que tropeza cun plan que ameaza a vida de millóns de persoas.

Castle Rock. Movistar Series

M. Series (dial 30) trasládanos ao arrepiante mundo do aclamado autor de ‘best- sellers’ Stephen King coa estrea en outubro da serie de terror psicolóxico ‘Castle Rock’. Unha misteriosa chamada dende a prisión Shawshank trae de volta a Henry Deaver ao lugar que o viu medrar.

instinct

Profesor T. COSMO

COSMO (dial 25) estrea o xoves 4 de outubro, ás h, a terceira tempada de ‘Profesor T.‘. O popular profesor con desordes neurolóxicos seguirá resolvendo asasinatos… mesmo dende o cárcere. Ademais, novas revelacións fanlle revivir o momento máis escuro da súa vida: o suicidio do seu pai.

The Walking Dead. FOX

Os zombies volven ao grande o luns 8 de outubro, ás 22:00 h, coa estrea da novena tempada de ‘The Walking Dead’ en FOX. Os novos episodios chegan cunha grande incógnita para o seu numerosos fans: Que vai pasar con Rick Grimes?

Into the Badlands. AMC

O martes 30 de outubro, ás 23:00 h, AMC (dial 2) estrea a primeira parte da terceira tempada da súa serie orixinal ‘Into the Badlands’. Despois da morte de Veil, Sunny vive fóra do radar, esforzándose por darlle o mellor a Henry, o seu fillo.

¿Preparado para o outono máis ‘seriéfilo’ na televisión R?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.