menú

Estas son as series de televisión que non podes perder en marzo

28/02/2018
Blog R

Encántannos as series de televisión. Nunha palabra, somos “serieaditos”. Aquí che descubrimos cinco novas series que chegan ás canles da grella de programación de R en marzo. Toma nota e non as perdas.

‘Maltese’ (Sundance)

1976, Trapani. A mafia é considerada por moitos unha invención de escritores e xornalistas. Pero o crime organizado comeza a rexurdir grazas ao diñeiro que chega do tráfico da heroína. Dario Maltese volve a Sicilia tras o asasinato do seu mellor amigo. Estrea de ‘Maltese’ o xoves 8 ás 22:30 h en SundanceTV (dial 9).

‘El ilusionista (Deception)’ (TNT)

A maxia apodérase de TNT (dial 22) coa estrea de ‘El ilusionista (Deception)’ o luns 12 ás 00:00 h (VOSE) e o martes 20 ás 22:30 h (VE). Cameron Black é o mellor ilusionista do mundo, o mestre do engano, o mago máis espectacular do momento… pero a súa carreira de superestrela viuse tinguida polo escándalo e polas acusacións de asasinato que pesan sobre o seu irmán xemelgo.

‘Rise’ (Movistar Series)

Baseada nunha historia real, ‘Rise’ segue o día a día de Lou Mazzuchelli, un carismático profesor e pai de familia que está sumido nunha crise persoal e profesional. Poñerse á fronte do deteriorado departamento de teatro do instituto convértese na súa nova fonte de inspiración. En Movistar Series (dial 30) dende o mércores 14 de marzo.

‘Wentworth’ (Calle 13)

‘Wenworth’ chega a Calle 13 (dial 23) o xoves 15 de marzo ás 22:00 h. No centro de detención Wenworth, as presas, oficiais e avogados deben enfrontarse os problemas do día a día. Alí, a reclusa Bea Smith, en espera de xuízo polo intento de asasinato do seu home, terá que aprender sobre a marcha como funciona a vida en prisión. A serie é a versión australiana da exitosa ‘Prisoner’.

‘The Resident’ (FOX Life)

Terminamos con ‘The Resident’, un drama médico que estrea FOX Life (dial 28) o mércores 21 de marzo ás 22:55 h. Conrad Hawkins é un gran médico, residente de terceiro ano, pero é engreído e non acepta un non por resposta. Matt Czuchry (‘The Good Wife’) e Emily VanCamp (‘Revenge’) protagonizan esta nova serie.

Preparados para descubrir as vosas novas series favoritas?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.