menú

Descubre as mellores series para maio na televisión R

10/05/2021
Blog R

Na televisión R gústannos as series, xa o sabes. Intriga, comedia, acción, ciencia ficción… temos ofertas para todos os gustos, estilos e idades. Apetéceche descubrilas?

Para que vaias facendo oco na túa axenda, aquí tes un resumo das mellores series para maio.

‘Harrow’

O mércores 5 de maio, ás 22:00 h, reencontrámonos en AXN con ‘Harrow’, un médico forense nada convencional que se ve obrigado a colaborar coa policía por mor de motivos ocultos. Na terceira tempada, Harrow mergúllase no seu traballo para superar a morte daquel fillo a quen non chegou a coñecer ao mesmo tempo que investiga o violento apuñalamento dun vagabundo.

‘La Garçonne’

Louise Kerlac foi testemuña do asasinato dun parente por parte de axentes do goberno. No París dos anos vinte a investigación era unha carreira prohibida para as mulleres, así que se une á policía asumindo a identidade do seu irmán xemelgo Antoine. Non perdas a elaborada investigación de ‘La Garçonne’ a partir do martes 25 de maio en FOX Life.

‘Kung Fu’

O martes 11 de maio chega a TNT unha nova ‘Pequeña Saltamontes’. ‘Kung Fu’ é unha serie de acción e aventuras protagonizada por unha moza experta en artes marciais adestrada polos monxes shaolin que volve á súa cidade para enfrontarse ás bandas da rúa que atemorizan San Francisco. A serie inspírase na produción homónima da década de 1970 que lanzou á fama a David Carradine no papel do ‘Pequeño Saltamontes’.

‘La guerra de los mundos’

Unha historia de persoas correntes condenadas a sobrevivir fronte ao salvaxe ataque dos alieníxenas á Terra. A adaptación máis recente da mítica novela de H.G. Wells, ‘La guerra de los mundos’, cuxa acción se desenvolve na convulsa Europa actual coa crise migratoria como pano de fondo estrea tempada en FOX o martes 18 de maio.

‘Missions’

Pasaron cinco anos dende o regreso da tripulación de “Ulises” á Terra. Os sobreviventes da misión aínda teñen en mente os recordos e os traumas da primeira viaxe a Marte, pero unha visión de Joan compartida por cada un deles cambiarao todo. Agora están seguros: ela está viva, algúns fóronse. No maior segredo lánzase unha nova misión con destino ao Planeta Vermello co obxectivo de atopala. Non perdas a segunda entrega de ‘Missions’, dende o luns 17 de maio en Syfy.

‘La mentira’

Claude Arbona triunfou en todo na vida: o seu matrimonio, a súa carreira … alcalde da súa cidade, pretende converterse en senador. Vive felizmente casado coa súa muller e ten unha familia que é a súa debilidade, en especial o seu neto Lucas, de nove anos… que un día acusa ao seu avó de violación. ‘La mentira’ é unha serie baseada en feitos reais protagonizada polo recoñecido actor francés Daniel Auteuil que chega a COSMO o martes 11 de maio ás 22:30 h.

‘Belgravia’

‘Belgravia’ narra unha historia que arrinca na véspera da batalla de Waterloo, cando os Trenchard, unha familia de clase baixa que se relaciona agora co máis selecto da sociedade, aceptan a invitación para asistir ao baile da Duquesa de Richmond en Bruxelas. Esta nova serie do creador de ‘Downton Abbey’, Julian Fellowes, adapta a novela homónima, unha historia de segredos gardados baixo chave que podes ver en M. Series a partir do venres 7 de maio.

‘El Inocente’

Mario Casas protagoniza ‘El inocente’, un thriller que segue a historia de Mat, quen tenta refacer a súa vida tras saír de prisión. Pero unha chamada cámbiao todo. A serie está dispoñible en Netflix e podes acceder directamente co deco 4K da túa televisión R.


Estás preparado/a para desfrutar en maio coas mellores historias e personaxes? E lembra que tes dispoñible en rebobina cada capítulo despois da súa emisión.

Cóntanos, cal é a túa serie favorita da televisión R?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.