menú

As series que che esperan en maio

24/04/2019
Blog R

O mes de maio preséntase moi intenso no panorama “seriéfilo” da televisión R. Soadas estreas, esperados retornos e entrañables despedidas agárdannos.

“Big Bang”

Os frikis máis queridos da televisión despídense. Tras 12 tempadas e 279 episodios, TNT emite o final da comedia “Big Bang” o xoves 23 de maio ás 21:45 h. Como nos dirán adeus Sheldon, Leonard, Penny, Raj, Howard e compañía?

En Galicia no dial 22 e en León e Cantabria no dial 21.

“La Forense (Coroner)”

Baseada nos exitosos libros de M.R. Hall, “La Forense” está protagonizada por Jenny Cooper, unha valente, testana e vulnerable médico forense que traballa en Toronto, onde investigará varias mortes sospeitosas. Estrea en Calle 13 o venres 17 de maio ás 22:00 h.

No dial 23 da túa televisión R.

“The Twilight Zone”

Syfy estrea “The Twilight Zone” o martes 14 de maio. Os espectadores mergúllanse nunha nova dimensión da man de Jordan Peele e Simon Kinberg, que recrean a versión orixinal deste clásico da ciencia ficción. Trátase dunha viaxe ás profundidades da imaxinación que utiliza narracións cunha forte conciencia social para analizar a condición humana e a cultura contemporánea.

No dial 27 da túa televisión R.

instinct

“No Limit”

O venres 10 de maio, ás 22:00 h, COSMO estrea “No Limit”, serie francesa de acción e espionaxe creada polo popular cineasta Luc Besson. O protagonista é Vincent, un axente que sofre unha enfermidade incurable e que acepta participar en difíciles misións a cambio dun tratamento experimental.

En Galicia no dial 25 e en León e Cantabria no dial 24.

“Proyecto Blue Book”

Se che gustan as historias de extraterrestres e conspiracións, tes unha cita en TNT o mércores 15 de maio ás 22:15 h coa estrea de “Proyecto Blue Book”. A serie está baseada na historia real das investigacións secretas sobre o fenómeno OVNI que levaron a cabo as Forzas Aéreas estadounidenses na década dos 50.

En Galicia no dial 22 e en León e Cantabria no dial 21.

instinct

“Ad Vitam”

Sundance TV estrea o thriller de ciencia ficción francés sobre un futuro distópico no que o ser humano venceu á morte e consegue vivir para sempre a través dun proceso chamado rexeneración. Estrea o xoves 16 de maio ás 22:15 h.

En Galicia no dial 9 e en León e Cantabria no dial 42.

“Private Eyes”

Unha investigación relacionada co mundo do boxeo e as súas apostas, un caso de infidelidade e o retorno dun acosador do pasado de Becca son algúns dos casos que veremos nos novos episodios da segunda tempada de “Private Eyes”, que chegan a FOX Life o xoves 23 de maio ás 22:10 h.

En Galicia no dial 28 e en León e Cantabria no dial 25.

instinct

“Sobrenatural”

A tormentosa viaxe dos irmáns Winchester continúa. O domingo 5 de maio, ás 23:55 h., AXN estrea a tempada 14 de “Sobrenatural”. Como sobrevivirán no aterrador universo alternativo ao que foron arroxados?

En Galicia no dial 21 e en León e Cantabria no dial 22.

instinct

“The Fix”

Maya Travis é unha avogada do distrito de Los Ángeles que sofre unha devastadora derrota nun mediático xuízo contra un famoso actor acusado de dobre homicidio, así que decide empezar unha nova vida en Washington. Movistar Series estrea “The Fix” en maio.

En Galicia no dial 30 e en León e Cantabria no dial 29.

instinct

“The Gifted”

“The Gifted” regresa a FOX coa estrea da súa segunda tempada, o venres 10 de maio ás 22:00 h. Os Mutantes Subterráneos deben lidar con novos grupos de ideoloxías extremas, tanto humanos como mutantes.

No dial 20 da túa televisión R.

instinct

“Caín”

AMC preséntache a “Caín”, un experimentado e mordaz detective de homicidios tetrapléxico tras un accidente nunha misión de servizo. Misteriosos asasinatos e humor negro na Costa Azul de luns a xoves dende o luns 6 de maio ás 21:10 h.

En Galicia no dial 2 e en León e Cantabria no dial 28.

Tomaches nota? 🙂 E se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí para vivir as mellores series do momento e desfrutalas cando queiras grazas a rebobina.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.