menú

Series que non debes perder en febreiro

31/01/2019
Blog R

Preparados para un febreiro de series? Contámosche as novidades que te esperan na televisión R no mes de febreiro.

‘Das Boot’

En febreiro, AMC (dial 2) tráeche a estrea exclusiva de ‘Das Boot: El submarino’, unha de das series revelación do ano, que poderá verse a partir do xoves 21 de febreiro ás 22:10 h. En vésperas do 80º aniversario da Segunda Guerra Mundial, chega esta serie de 8 episodios que está baseada na película do mesmo nome.

‘The Walking Dead’

Os zombies máis populares da televisión volven en febreiro. FOX (dial 20) estrea a segunda parte da novena tempada de ‘The Walking Dead’ o luns 11 de febreiro ás 22:00 h. Cando a serie retoma a acción, pasaron sete anos e as comunidades Alexandria, Hilltop e O Reino están máis divididas que nunca.

instinct

‘Whiskey Cavalier’

Movistar Series (dial 30) estrea ‘Whiskey Cavalier’ o xoves 28 de febreiro. Trátase dunha explosiva serie de acción que mestura os tópicos do thriller de espías coa comedia romántica. Duro e decidido pero tamén sensible e romántico, non cabe dúbida de que Whiskey non é un axente do FBI común.

instinct

‘I Am the night’

Chega a TNT (dial 22) a miniserie ‘I Am the Night’. Conta a historia de Fauna Hodel, unha moza que foi entregada en adopción ao nacer. Investigando sobre as súas orixes, chega á pista do doutor George Hodel, o xinecólogo de Hollywood. Descubre a súa historia a partir do mércores 27 de febreiro ás 23:05 h.

‘Cenk Batu’

Os lobos solitarios sempre sorprenden coas súas capacidades. Este é o caso de Cenk Batu, un axente infiltrado elegante, plurilingüe e que ten a habilidade de moverse en diferentes contornas. XTRM (dial 6) estrea a serie ‘Cenk Batu’ o luns 4 de febreiro ás 22:00 h.
instinct

‘Blindspot’

O xoves 7 de febreiro, ás 23:00 h, AXN (dial 21) estrea a cuarta tempada de ‘Blindspot’. Jane espertou nun hospital tras perder todos os recordos dos sete anos previos. Mentres, a vida de Weller pende dun fío. Nesta nova entrega, incorpórase ao elenco a actriz nominada a un Óscar Mary Elizabeth Mastrantonio.

‘The Passage’

O luns 11 de febreiro, ás 22:50 h, FOX (dial 20) estrea ‘The Passage’, serie que nos sitúa nun futuro próximo con tinguiduras apocalípticas no que un virus estraño está a converter os humanos en vampiros.
instinct

‘Bull’, ‘Sin palabras’ y ‘Anatomía de Grey’ vuelven a FOX Life

Febreiro é o mes dos retornos en FOX Life (dial 28). ‘Bull’, ‘Sin palabras’ e ‘Anatomía de Grey’ volven á canle para alegría dos seus moitos seguidores.

O Dr. Jason Bull reabre o seu despacho coa representación dunha compañía de seguros demandada por negar a cobertura dun transplante de fígado a unha nai moribunda. Estrea da terceira tempada de ‘Bull’ o mércores 20 de febreiro ás 23:00 h.

A terceira tempada de ‘Sin palabras’ chega o venres 1 de febreiro ás 21:15 h. A familia foi desafiuzada da súa casa, polo que Maya viaxa a Londres para reencontrarse co seu pai e pedirlle un préstamo. Quere recuperar a casa e, de paso, a súa relación con el.

Camiño de converterse na ficción máis lonxeva da historia da televisión, ‘Anatomía de Grey’ volve, tras a paréntese do Nadal, cos episodios restantes da súa décimo quinta tempada. Unha gran tormenta de vento causará graves desfeitas na cidade. Mentres, Meredith debátese entre dous pretendentes. Novos episodios dende o martes 5 ás 22:10 h.

instinct

Recorda, en febreiro, moitas novedades seriéfilas na televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.