menú

As mellores series para febreiro

24/01/2018
Blog R

Comedia, música, acción, thriller… Recomendámosche varias series, algunha nova e outras vellas coñecidas, que non podes perder en febreiro.

‘Disappearance’

Calle 13 (dial 23) estrea o martes 6 de febreiro, ás 22:00 h, a miniserie ‘Disappearance‘. O neno Anthony Sullivan desaparece misteriosamente tras participar nunha procura do tesouro nos seu décimo aniversario. A investigación posterior descobre secretos familiares perigosos enterrados dende hai moito tempo.

‘Desviados’

Botabas de menos a familia Parker? Percorreron o país de punta a punta, axitaron Nova York e montárona boa en Cuba; agora parece que por fin os Parker atoparon o lugar perfecto para reconstruír as súas vidas. Os Parker espérante en TNT (dial 22) a partir do xoves 15 de febreiro ás 21:30 h coa terceira tempada de ‘Desviados’.

‘Mozart in the Jungle’

Hailey e Rodrigo deixan de esconder a súa relación na cuarta tempada de ‘Mozart in the Jungle’. Poderá sobrevivir a súa relación aos seus egos e ás esixencias das súas respectivas carreiras? Descúbreo en Movistar Series (dial 30) o sábado 17 de febreiro.

‘Homeland’

‘Homeland’ volve a FOX (dial 20) o mércores 21 de febreiro ás 23:05 h. A sétima tempada da serie sitúa de novo a Carrie Mathison en Washington, agora disposta a loitar contra a deriva autoritaria desatada pola presidenta Elizabeth Keane.

‘Einstein’

O xoves 22, ás 22:55 h, o mozo descendente de ‘Einstein’ volve a AXN (dial 21) para seguir axudando a policía a resolver os crimes máis complexos coa axuda da súa amada/odiada compañeira Elena.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.