menú

As mellores series de Disney Channel, gratis en rebobina

03/06/2019
Blog R

Durante todo o mes de xuño tes dispoñible gratis en rebobina o “Especial Disney Channel WOW!”, con divertidos episodios de varias das túas series favoritas. A unión fai a festa na televisión R.

O especial inclúe ata 50 contidos dalgunhas das series de maior éxito da canle:

“K.C. Agente Especial”

Katrina Charlotte, K.C. Cooper, é unha moza estudante de matemáticas que un día descobre que os seus pais son en realidade uns axentes encubertos do goberno. Dende ese momento, ela convértese tamén en espía. A moza terá que tentar compaxinar a súa vida persoal, familiar e escolar con misións de espionaxe encubertas para salvar o mundo.

“Lab Rats”

Leo é un adolescente que descobre no soto da súa casa a tres adolescentes súper-humanos: Adam, o forte; Bree, a rápida; e Chase, o intelixente. Leo vive na casa xunto coa súa nai, Tasha, e o seu padrasto, Donald Davenport, un inventor. Os tres adolescentes convencen a Leo para ir con el á secundaria e así tratar de levar unha vida normal.

“Wasabi Warriors”

Jack, o instrutor Rudy e os estudantes da escola de karate de Bobby Wasabi traballan xuntos para superar varios obstáculos. Jack, o mellor do grupo, adoita ser a persoa na que sempre confían para solucionar os problemas do ximnasio e dos Guerreiros Wasabi.

“Manual del Jugón para casi todo”

Connor é un profesional dos videoxogos. O seu obxectivo principal na vida é conseguir a súa ‘tarxeta pro’. Cando sofre unha lesión nun polgar, vese obrigado a recrutar a novos compañeiros para que xoguen por el.

“Mech X4”

Ryan Walker ten a capacidade de controlar a tecnoloxía coa súa mente.

Como ver o “Especial Disney Channel WOW!” en R

Lembra, sexas da opción de televisión que sexas, tes todo un mes para poder desfrutar sen custo destes contidos en rebobina.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.